viernes, 1 de marzo de 2019

ROMANAE QVAESTIONES VI (MMXVIII-MMXIX)

A piques de rematar o segundo trimestre, chega a derradeira oportunidade do mesmo para sumar décimas á nota final.

Para iso, como cada mes. aquí están as Romanae Quaestiones:




I. O 19 de marzo, hai 1.784 anos, morría, no curso dunha campaña militar contra os xermanos, certo Emperador romano. Mais non foi en combate contra o inimigo: os seus propios soldados, descontentos por como se desenvolvían as operacións, asasinárono, xunto coa súa nai. Como se chamaban o Emperador e a súa nai?

II. Cada 19 de marzo, en Roma celebrábase un ritual que consistía en purificar relixiosamente as armas que se ían usar na seguinte temporada de guerras. Con que nome coñecemos esta festa?

III. O mesmo día, cada ano, os romanos festexaban algo ben diferente: escolares e artesáns celebraban en familia unha festividade durante cinco días, nos que se intercambiaban agasallos e invitacións a comer. Para o público en xeral tiñan lugar espectáculos de gladiadores (agás o primeiro día). Como se chamaban estas festas e na honra de que deuses se celebraban?