miércoles, 24 de marzo de 2010

Attendite, alumni Secundi Cursus Baccalaureatus!

Perdoade a demora, dilecti alumni, pero tiven unha tarde algo complicada. Finalmente, velaquí as notas.


En primeiro lugar, as do exame de hoxe á mañá:


S. C. L.: 7,5

A. E. L.: 5,25

M. F. G.: 6,75

M. G. C.: 6,1

A. M. F.: 5,75

L. O. A.: 4,5

J. R. V.: 8,25

J. R. M.: 6,25

O. R. C.: 7,5

L. S. R.: 5,25


E para rematar, co desglose das notas ponderadas, nesta táboa tedes as notas finais do trimestre (en negriña, na columna da dereita de todo):



Mañá pola mañá poderedes consultarme o que queirades sobre as notas.

martes, 23 de marzo de 2010

Attendite, alumni Quarti Cursus Culturae Classicae!

Con moita présa, pero aí vos van as notas finais do trimestre, desglosadas. Marcho correndo.

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Aquí están as notas do exame desta mañá. Lembrade que mañá, despois de facer os cálculos correspondentes, vos direi as notas finais do trimestre.

A lista inclúe só iniciais, para preservar a vosa privacidade:

C. A. M.: 5,8
A. C. L.: 7,1
T. C. P.: 6,5
A. Del R. F.: 7,7
S. F. F.: 6,7
T. F. C.: 9,3
M. F. F.: 3,7
T. L. E.: 2,1
R. M. De O.: 2,8
I. M. J.: 4,1
S. M. R.: 3,6
A. P. P.: 5
G. R. F.: N. P.
N. R. M.: 6,6
F. R. P.: 6,6
A. R. L.: 4,6
C. S. G.: 9,2
A. S. M.: 6,7
P. T. R.: 5
P. V. P.: 4,7

lunes, 22 de marzo de 2010

Attendite, alumni Secundi Cursus Baccalaureatus!

Xa teño corrixidos os exames de hoxe á tarde. Velaquí vos deixo as notas, coa precaución de privacidade que acordamos.
Lembrade que, dentro do que son as notas de exame, a deste conta un 40%.
S. C. L.: 7,35
A. E. L.: 7,15
M. F. G.: 6,8
M. G. C.: 4,75
A. M. F.: 6,5
L. O. A.: 6,7
J. R.V.: 9,15
J. R. M.: 8,4
O.R.C.: 9,05
L. S. R.: 6,75
Máis nada polo de agora. O mércores, como sabemos, faremos o exame de traducción.

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Aquí tedes as notas do exame que fixestes hoxe á mañá, aínda que a importante é a que aparece na columna da dereita de todo, xa que é a que vos irá no boletín de notas deste trimestre.
Como a sesión da vosa evaluación (que non avaliación) é mañá á tarde e non temos clase ata o xoves, mañá pola mañá poderedes facerme as consultas que queirades.



jueves, 18 de marzo de 2010

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Dirá algún: Credere id non possum!

E eu diría: Crede, crede!

Pois non: non era a derradeira. Faltaba esta, aínda que os culpables sodes só vós (máis ben algúns de vós), que non cumpristes coa parte do exercicio que vos tocaba: buscar o significado e exemplos do emprego actual de certos latinismos. Menos mal que tedes profe. En fin, aí vos queda:

martes, 16 de marzo de 2010

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Cachinno!, que diría un romano (é dicir: "río a gargalladas"). Si: cando quero son un pouquiño "malote". Non é por nada, pero faltaba unha presentación: é aquela na que se resumen as sesións que dedicamos a analizar morfoloxicamente varias palabras nosas. Se lembrades, comprobaramos que unha enorme cantidade de sufixos, tanto léxicos como gramaticais, teñen procedencia latina (como non? Se a fin de contas somos máis romanos que outra cousa).

Lembrade que os contidos de etimoloxía (o primeiro que traballamos neste trimestre), xa foran subidos ó blog. Déixovos o enlace: Etimoloxías latinas

Ben, agora si que xa non hai máis material para Latín de 4º. De aquí ó día do exame, xa sabedes:

STVDIVM, SAPIENTIA, FORTVNA IVSTITIAQVE

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

E aquí está a que faltaba, sobre algúns feitos curiosos da Historia de Roma que temos visto na clase.

MEMENTOTE!: Tamén entra no exame.

STVDETE ET OLIM FELICES ERITIS


Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Velaquí o resultado do voso traballo (en parte alomenos) sobre certos personaxes relevantes na Historia de Roma. Lembrade que isto é materia de exame (non é por agobiar, pero e que está moi preto)

miércoles, 10 de marzo de 2010

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Velaquí a presentación sobre a primeira fase do réxime imperial romano:
E aquí están os enlaces ás presentacións sobre a sociedade romana e a evolución fonética que vimos na clase:


FORTVNA IVSTITIAQVE

martes, 2 de marzo de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / VI)

Novo mes e nova oportunidade de sumar décimas á vosa nota final do trimestre. Para iso, e como ven sucedendo todos os meses desde principio de curso, debedes buscar as respostas ás preguntas que veredes algo máis abaixo. Lembrade: sempre se trata de acontecementos da historia da antiga Roma dos que se está a cumprir o cabodano.






I. O primeiro día de cada mes de marzo, os romanos (máis ben as romanas) celebraban unhas festas na honra de certa deusa. Ó seu templo acudían moitas mulleres para pedirlle pola felicidade dos seus matrimonios e, se estaban embarazadas, tamén por un parto feliz (lembrade que na Antigüidade o parto era un acontecemento no que a vida da nai e do bebé estaban moito máis en risco que nos nosos días, polo menos nos países desenvolvidos como o noso). Ah... que cal é a pregunta? Cal vai ser? Debedes averiguar o nome das festas e a deusa a que estaban dedicadas.






II. O 10 de marzo de hai 2.252 anos un cónsul romano derrotaba á flota de certo imperio rival, poñendo así final á primeira de tres guerras entre as dúas potencias máis importantes da época no Mediterráneo. Como se chamaba o cónsul, con que nome se coñece á batalla, e que guerra rematou con ela?






III. O derradeiro día deste mes que acaba de comezar, iso si, 209 anos despois da batalla a que nos referiamos na pregunta anterior, deixábase morrer de fame certo individuo, moi amigo do considerado mellor prosista da literatura latina, con quen mantivo unha longa correspondencia, gran parte da cal conservamos. De que dous personaxes estamos a falar?









DIVITES SAPIENTIAE SITIS!