viernes, 18 de diciembre de 2009

Attendite, alumni Quarti Cursus Culturae Classicae!


Estas son as notas que estades agardando desde hoxe á mañá. A petición vosa, non poño os vosos nomes, senón só as iniciais, por aquilo da privacidade. A primeira cifra corresponde á nota do exame (60% do total), a segunda á nota resultante logo de ponderala de acordo cos traballos e exercicios entregados (25%) e máis a actitude (15%); a terceira cifra é a que vai no boletín de notas. Calquera dúbida, ó correo electrónico murosenlatin@hotmail.es ou na clase do luns. Velaí van:


E.F.F.: 8,15 - 8,45 - 8

J.A.L.P.: 3,5 - 3,2 - 4

I.V.R.: 5,3 - 5,862 - 6

E.L.L.: 5,9 - 5,64 - 6

I.E.M.A.: 3,3 - 3,255 - 4

jueves, 17 de diciembre de 2009

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Desculpade a tardanza, pero non só houbo que corrixir os exames, senón tamén calcular a nota final do trimestre, que é a que vai no boletín de calificacións. Velaquí tedes as dúas notas:

ALUMNO

NOTA EXAME

NOTA TRIMESTRE

ABEIJÓN MAYO, Carla

5,2

5

CAAMAÑO LADO, Alexandra

7,4

7

CAMBEIRO PIÑEIRO, Tamara

6,85

7

DEL RíO FERNÁNDEZ, Ana

6,7

7

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Sandra

6,7

7

FIGUEIRAS CAMPOS, Tania

8,7

9

FORMOSO FORMOSO, Manuel

5

5

LEÓN ECHEVERRI, Tania

5,4

5

MARTÍNEZ DE OLIVEIRA, Ricardo

5,85

6

MARTÍNEZ JURJO, Iván

7,8

6

MAYO RAMA, Sara

3,3

4

PRIEGUE PASTORIZA, Ángela

7,25

7

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Gina

3,7

4

RODRÍGUEZ MACEIRAS, Noelia

6,7

7

RODRÍGUEZ PARÍS, Fran

6,7

7

ROMERO LAGO, Álvaro

8

8

SENDÓN GONZÁLEZ, Carina

8,8

9

SESTAYO MAYO, Ánxela

7,25

7

TAJES RAMA, Pepi

4,7

5

VIDAL PAIS, Pablo

5,7

6


Attendite, alumni Secundi Cursus Baccalaureatus!


Lembrade que debedes realizar un traballo sobre o visionado da película Golfus de Roma (A Funny Thing Happened On The Way To The Forum, R. Lester, 1966). O traballo deberá ser entregado o día 11 de xaneiro de 2009 (non se admitirán demoras).


A seguir tedes unha serie de enlaces web comentados que vos permitirán recoller a información necesaria:

1. http://www.imdb.com/title/tt0060438/
A Internet Movie DataBase (IMDb) é unha inmensa base de datos con fichas técnicas (e mesmo comentarios de internautas) sobre películas de todos os tempos. Este enlace lévavos á película que nos ocupa, que á súa vez ten ligazóns a actores e técnicos que participaron no film. Especialmente interesantes (por amenas) son as seccións trivia e goofs ("curiosidades" e "pifias") que podedes ver na columna da esquerda baixo o epígrafe Fun stuff ("cousas divertidas"). Quizais a pega, como vedes, é que está en inglés, pero xa sabedes que é o idioma maioritario en internet.

2.http://en.wikipedia.org/wiki/A_Funny_Thing_Happened_on_the_Way_to_the_Forum
3.http://en.wikipedia.org/wiki/A_Funny_Thing_Happened_on_the_Way_to_the_Forum_(film)
Por suposto, a Wikipedia tamén nos serve, aínda que os mellores artigos sobre esta película están tamén en ingles. O primeiro deles (2) fálavos da comedia musical de Broadway, orixe do film: datos sobre a historia do libreto, o argumento e, o máis interesante, unha caracterizacións dos personaxes. A segunda referencia (3) é xa sobre a película, aínda que pouco máis inclúe que vos poda servir que un resume do argumento.

4. http://antalya.uab.es/pcano/aulatin/llibreV/comedia.htm
Xa en castelán, este enlace ten unha perspectiva próxima a un alumno de 2º de Bacharelato. Comenta as orixes do guión, o contexto romano e cómo está conseguido, así como algúns recursos cómicos propios de Plauto que aparecen no film.

5.http://www.culturaclasica.com/colaboraciones/lillo/golfus_de_roma.pdf
Esta é unha guía didáctica pensada para que o estudiante a complete. Como é unha páxina recomendada polo Grupo de Traballo que prepara a proba de Latin das PAAU, suxírovos que a empreguedes para realizar o traballo. Descargádela, imprimídela e ídela completando: se non vos chega o espacio para contestar ás preguntas, usade folios a parte. Está bastante ben, sobre todo no que se refire ás fontes plautinas nas que se basea a película.

Por último, unha vez elaborados os traballos, veremos cómo podemos combinar os resultados co fin de que vos quede un instrumento útil para preparar esta parte da materia de cara as PAAU.

Máis nada (por agora).

BONA SATVRNALIA!
BONVM INITIVM IN ANNVM MMX!

Magister Adefonsus


martes, 15 de diciembre de 2009

ATTENDITE, ALUMNI OMNES!


Como seguramente xa saberedes, por orde da Consellería de Educación, mañá mércores, 16 de decembro, non haberá clase por alerta meteorolóxica. Respecto ós exames destes días, tede en conta o seguinte:


1. O exame de Cultura Clásica de mañá queda, forzosamente, aprazado. Dado que as sesións de evaluación de 4º ESO A e B se trasladan ó venres pola tarde, poderemos realizar o exame, o máis tarde, o mesmo venres. Como xa sabedes, as nosas tres sesións semanais son luns, martes e mércores; polo tanto, debemos buscar unha hora doutra materia para facer o exame. Esa hora debe corresponder a unha materia da que xa esteades examinados, e debémonos poñer en contacto cos profesores afectados para que vos permitan realizar o exame nesa hora.


2. O exame de Maikel e Adela, de 2º BAC, poderemos facelo o xoves, o venres ou mesmo o luns, xa que a evaluación dese curso terá lugar o propio luns día 21. Xa me diredes vós.


3. O exame de 1º BAC A será o xoves, tal e como estaba previsto. Iso si, non disporemos da sesión de mañá para realizar un repaso de todo o que entra. Por iso coméntovos aquí a estructura xeral do exame:

- PARTE I: teórica, con especial atención ós grupos e linguas indoeuropeos, as linguas romances (concepto e lista delas), a procedencia do alfabeto latino, os principais restos arqueolóxicos da cidade de Roma (Foros, Palatino, Circo Máximo e Coliseo: principais edificios e uso que tiñan), e 5 preguntas tipo test sobre a Historia de Roma (Monarquía e República, xa sabedes).

- PARTE II: práctica, na que deberedes analizar e traducir 6 frases. Haberá un vocabulario, pero xa sabedes que tedes que coñecer o significado das palabras marcadas en negriña nas follas de exercicios 1 e 2 da vosa Libreta de Traballo (Latinitas Nostra I)

4. Alba, Luis e Carmiña: segue vixente o labor que tedes que facer para aprobar: atopar as respostas ás preguntas do blog: buscade unha entrada chamada ROMANAE QVAESTIONES III. Por sorte para vós, tedes ata o venres


Máis nada. Calquera dúbida, ó correo electrónico murosenlatin@hotmail.es


Aproveitade o día de mañá para estudiar, que vai ir moito frío, segundo din.


FRIGVS DOMVM NOSTRAM LEPIDIOREM FACIT

lunes, 14 de diciembre de 2009

Attendite, alumni Quarti Cursus Culturae Classicae!

Finalmente, con estoutra presentación poderedes botar unha ollada ós logros dos romanos como enxeñeiros:

Attendite, alumni Quarti Cursus Culturae Classicae!

Seguramente lembraredes que vós contribuístes decisivamente á creación deste material sobre as aportacións da ciencia e a técnica gregas á nosa forma de vida. Para que todo o mundo o saiba, esta presentación foi elaborada por Elena Fernández, Esteban Lago, José Antonio Louro, Iván Manivesa e Isabel Verán, de 4º ESO A e B, supervisados polo profesor.

Attendite, alumni Quarti Cursus Culturae Classicae!

Con esta presentación poderedes repasar o que aprendemos sobre as formas de goberno en Grecia e Roma. Lembrade que os máis importantes son os da Atenas do século V a.C., e o da Roma republicana.

domingo, 13 de diciembre de 2009

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Desculpade o retraso en "colgar" esta última presentación, pero a rede non colaborou moito este fin de semana. Lembrade que, nesta ocasión, o fundamental son os conceptos de variantes diacrónicas, diatópicas, diastráticas e diafásicas. Tamén debedes ter claro que as linguas romances proceden do latín popular, mentres que o latín literario mantivo unha vida diferente da do anterior, aínda que con contactos:

viernes, 11 de diciembre de 2009

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Xa falta menos: esta é a presentación que vos servirá para repasar o que traballamos sobre as linguas romances (xa sabedes, as derivadas do latín popular):

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Con esta presentación poderedes practicar algunhas das leis fonéticas que rexen a evolución do latín cara o galego e o castelán:

jueves, 10 de diciembre de 2009

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Como xa está moi preto o exame, convenvos botar máis dunha ollada ás presentacións coas que ilustramos nas clases os contidos deste trimestre.
En primeiro lugar, esta é a dirección na que podedes repasar a introducción que fixemos á nosa materia nas primeiras semanas do curso:

QVARE LINGVA LATINA

Por outra banda, velaquí tedes a correspondente ás familias lingüísticas do mundo, con especial atención á indoeuropea:



jueves, 3 de diciembre de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / III)





Rematou o mes de novembro e cómpre felicitar a Elena Fernández e Isabel Verán, xa que elas dúas conseguiron xa 0,33 puntos da súa nota final deste trimestre, ó contestar correctamente ás preguntas formuladas neste blog. E non lles resultou moi difícil: foron á Biblioteca e, co control do profesor, bucearon neste fantástico instrumento que, ben usado, é Internet, e só precisaron un recreo para atopar as respostas. Así que a ver se cunde o exemplo. Para comprobalo, velaquí as preguntas para este derradeiro mes de 2009:






Hai 2.226 anos, o 1 de decembro, certo militar, considerado un dos máis sobranceiros da Antigüidade, derrotou ós romanos na primeira de varias batallas nas que se amosou moi superior a eles. Tal foi o impacto destes desastres que aínda moitos anos despois as nais romanas, cando querían asustar ós seus fillos por algunha trasnada que fixeran, empregaban o nome deste personaxe. Obviamente, preguntamos de quen se trata e con qué nome se coñece esta famosa batalla.





Todos os anos, a partir do 17 de decembro, celebrábanse en Roma unhas festas que se contaban entre as máis apreciadas polos seus habitantes: non había actividade política nin xudicial, a escola daba vacacións, as execucións adiábanse, e mesmo había sorteos de lotería! Sobre estas festas queremos saber o seguinte: o seu nome, a qué deus se honraba nelas, e qué inversión de certas clases sociais se producía durante esas datas.




Para rematar, o último día deste mes de hai 1.817 anos, certo Emperador romano era asasinado mediante estrangulamento. Simplemente solicitamos que averigües o nome dese Emperador e cales foron as circunstancias do asasinato.


Xa sabemos que hai moitos exames, e ademais este mes é máis curto, academicamente falando, pero nunca está de mais conseguir unhas décimas extra, non é?

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!: Historia De Roma (2) A República

E con estoutra presentación, sobre a época da República, xa estades listos para preparar o vindeiro exame

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!: Historia De Roma (1) A Monarquía

Esta é a presentación pola que poderedes estudiar a primeira fase de Historia de Roma, ou sexa, a Monarquía, conforme a vimos na clase:

lunes, 2 de noviembre de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX)-II

Durante o primeiro mes de convocatoria deste concurso non houbo ninguén que intentase gañar desta maneira tan sinxela 0,33 puntos para engadir á súa nota final de trimestre. Quizais é que, estando a principio de curso, os alumnos consideran que hai tempo. E tempo hai; mais tamén é verdade que tempus fugit máis rápido do que parece. Sen outro ánimo que o de animarvos a participar, velaí van as tres preguntas que poderedes contestar durante todo este mes de novembro. Lembrade: abonda con comunicar ó profesor a vosa intención de dedicar algún recreo (ou algunha hora libre de que dispoñades) a, diante da súa supervisión, empregar un ordenador con acceso a internet para buscar as respostas. MELIVS HODIE QVAM MANE!


O 1 de n
ovembro de hai 2.091 anos un xeneral romano derrotaba a outro na batalla decisiva dunha guerra civil que se viña librando durante seis anos. O combate tivo lugar diante dunha das portas da mesma cidade de Roma. Quen eran os dous xenerais e como se chamaba a devandita porta?




Entre o día 4 e 17 de novembro celebrábanse en Roma unhas festas que eran das máis apreciadas. Levaban o nome dunha das súas clases sociais, e estaban dedicadas a unha das divinidades máis importantes. O acto central tiña lugar o día 15, cun banquete público pagado polo Estado, disposto no Capitolio para os senadores, e no Foro Romano para o resto da poboación. Nos días previos había espectáculos teatrais e carreiras no circo. Precisamente, no día do banquete, as estatuas de varios deuses eran levadas do Capitoli

o ó Circo Máximo, onde “presenciaban” a competición. Como se chamaban (en latín) estes xogos, en honra de que deus eran, e como se denominaba (en latín de novo) o banquete?


Por último, o 8 de novembro de hai 2.072 anos un gran orador pronunciaba no Senado romano un discurso co que descubría publicamente a existencia dunha conspiración para dar un golpe de Estado. Durante varios días máis este político, que naquel momento ostentaba o cargo de cónsul, relatou os detalles da conxura ós senadores, nun momento que constituíu o máis sobranceiro da súa carreira política. Quen era este político, como se chamaba o xefe da conspiración, e con que nome se coñecen os discursos pronunciados?

Attendite, alumni Quarti Cursus Culturae Classicae!

E, complementando a anterior, unha moi semellante, pero sobre a outra gran capital do Mundo Clásico: Roma.

Attendite, alumni Quarti Cursus Cuturae Classicae!

Velaquí tedes a presentación que traballamos nas clases sobre a cidade antiga de Atenas e os seus restos arqueolóxicos.

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Nesta presentación recoñeceredes todo o que falamos na clase sobre a topografía da cidade de Roma, así como a descrición dos seus restos arqueolóxicos máis importantes.

Attendite , alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Con esta presentación poderedes repasar os contidos que vimos sobre a historia do latín e as linguas romances.

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Velaquí tedes a presentación coa que traballamos na clase o tema da comparación de linguas e a familia lingüística indoeuropea.

miércoles, 7 de octubre de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / I)

Comezamos o curso facilitando as cousas. Para que non se diga que non é doado acumular puntos, desde este blog ofrecemos a todos os alumnos do IES Fontexería matriculados en Cultura Clásica e/ou Latín a posibilidade de sumar ata 1 punto na súa nota final do trimestre. Para conseguilo haberá que respostar individualmente a tres preguntas que cada mes aparecerán no blog. Todas elas versarán sobre acontecementos relacionados coa Antiga Roma cuxo aniversario se cumpre no mes de que se trate.



Para atopar as respostas recoméndase empregar os buscadores de Internet, que son moi útiles.

A mecánica e as normas deste pequeno concurso son as seguintes:

I. Cada mes, e ata a fin do mesmo, aparecerán no blog as preguntas correspondentes.
II. A participación é individual, e non se poderán compartir as respostas con outro compañeiro. Para garantilo, só se poderán buscar as respostas durante os recreos e coa supervisión do profesor. Con ese motivo, os alumnos interesados deberán manifestar con antelación a vontade de participar ó profesor, quen os citará para un recreo, ben na propia Aula de Humanidades, ben na Biblioteca.
III. O valor dos puntos outorgado por resposta correcta é de 0,11.


Ben, pois estas son as preguntas para este mes de outubro:

1. Hai 2.094 anos nacía un primeiro de outubro na pequena vila italiana de Amiterno un importante historiador romano. As súas dúas obras máis importantes narraban un intento de golpe de Estado en Roma e unha guerra contra un rei Africano. A resposta correcta consistirá en dar o nome do historiador e o das súas dúas obras.





2. Os días 10 e 13 de outubro de hai 1.990 e 1.955 anos, respectivamente, morrían dous persoiros membros da familia Xulia-Claudia, que formou a primeira dinastía de Emperadores romanos. Coa morte do primeiro unha enorme dor invadiu Roma enteira, segundo contan as crónicas, ata o punto de que os templos foron apedreados, e mesmo houbo quen abandonou a recén nacidos nas rúas. En canto ó pasamento do segundo personaxe, non foi tan sentido: mais ben estivo rodeado de misterio, pois a morte veuno buscar logo de ter ceado un bo plato de setas que lle servira a súa esposa. Quen eran os dous persoeiros e que relación familiar tiñan entre eles?



3. Para rematar, un nacemento e unha morte. O día 15 de outubro de hai 2.079 anos nacía en Mantua o suposto autor dun pequeno poema dedicado a un mosquito; iso si, é moito máis coñecido e apreciado por outras tres obras, pero a pregunta sería demasiado doada se dixeramos os títulos. Por outra banda, o mesmo día de hai 2.064 anos morría, segundo parece, outro poeta, moi admirado polo anterior e que destacou por seguir as ensinanzas filosóficas de Epicuro e expoñelas en forma de poema. Quen eran eses dous escritores latinos?



SAPIENTIA VOBIS ADSIT!

viernes, 25 de septiembre de 2009

INITIVM CVRSVS!

Avete, navigatores!
Novum cursum MMIX-MMX incipimus, discendi docendique cupidi. Amabile iter vobis per materias linguae Latinae desideramus! Sit nobis Miverva propitia (et levis labor)!


Pois si: aquí estamos de novo. Comezamos un novo curso con ilusión e gañas de facervos partícipes da riqueza cultural e humana que proporciona o coñecemento da lingua latina e a cultura de Roma.
Á espera de dispoñer dun espacio Moodle na proxectada nova páxina web do noso Centro, seguiremos a empregar este blog para comunicar novas e publicar materiais relacionados coa actividade docente do Departamento de Latín. A presentación que tedes aquí serve de introducción ó latín como vehículo da cultura ó longo de case toda a historia de Occidente. Con ela estamos a iniciar o ano académico nos cursos de 4º ESO e 1º BAC.
Lembramos que os alumnos destes cursos deberán entregar unha redacción na que se inclúan as súas impresións sobre estes contidos.

viernes, 5 de junio de 2009

Attendite, alumni quarti cursus!

Ya aquí está la presentación por la que deberéis preparar la lectio en la que trabajamos sobre la herencia arqueológica de Roma a lo ancho de lo que fue su Imperio:


Attendite, alumni quarti cursus!

Aquí tedes a presentación correspondente ó tema da romanización de Gallaecia. Lembrade que debedes preparar esta unidade combinando a presentación cos apuntes que tomastes na clase.

jueves, 4 de junio de 2009

Attendite, alumni primi cursus baccalaureatus!

Ingressus tertius. Vita romana quotidie:

Attendite, alumni primi cursus baccalaureatus!

Segunda entrega. Presentación sobre as expresións latinas correspondentes a este último trimestre, comentadas e explicadas:

Attendite, alumni primi cursus baccalaureatus!

Tres entregas seguidas con material para preparar el primero de los dos exámenes que nos quedan. Para empezar, los ejemplos de evoluciones fonéticas; podéis combinarlos con los apuntes del libro de clase para aprender a aplicar las leyes fonéticas.

ROMANAE QVAESTIONES (VIII)

Un mes mais que remata, e outro que comeza, nesta ocasión o derradeiro do curso. E tamén a derradeira ocasión que os alumnos deste ano poderán sumar décimas á súa nota do trimestre. Polo tanto, haberá que propoñer novas cuestións.


Mais antes temos que comentar as preguntas do mes anterior. Vexamos:

1. As Lemuria eran unhas festas nas que se honraba ós lémures, nome que os romanos daban ós espíritos dos mortos. Co ritual que se realizaba pretendíase conxurar calquera mala influencia que estas almas puidesen exercer sobre os vivos. Supoñíase que o bruído provocado polo golpeo do bronce facíaos marchar da casa...

2. Marco Licinio Craso, importante político do derradeiro século da República romana e home inmensamente rico, morreu no ano 53 a.C. preto de Carras (ou Carrhae, en latín) a mans dos partos, pobo que por aquel entonces dominaba un amplo territorio, hoxe en Irak, Irán e parte de Turquía.

3. Finalmente, no ano 17 a.C. o emperador Augusto decretou a celebración dos Xogos Seculares, que sinalaron o que desde o poder se quería interpretar como un cambio de era: a fin dunha situación política e social e o principio doutra, desexada como de gran prosperidade. As festas duraron tres días, nos que, por suposto, a figura de Augusto foi protagonista e recibiu mostras de respeto e adhesión popular. O poeta Horacio sumouse a esta pompa coa composición do Carmen Saeculare, un poema que foi recitado publicamente nesta ocasión.


Ben, pois hai que felicitar de novo a alumnos que participan decote neste pequeno xogo. Trátase de Iván Martínez, Óscar Romero, Alba Castro e Rosa Fiuza. Os dous primeiros suman, como de costume, 0,33 puntos á súa nota do trimestre; Alba e Rosa reciben máis premio, 0,5, xa que ó seren alumnas de 2º de Bacharelato xa viron o seu curso rematado (e ademais aprobado noraboa).
E, para que ninguén se queixe de que non hai máis oportunidades, aquí están as preguntas para este mes:






1. O 22 de xuño de hai 2.226 anos produciuse unha importante batalla ás beiras dun lago italiano no que os romanos sufriron unha importante derrota a mans dun dos seus inimigos máis feros. O exército romano sufriu a perda de 15.000 soldados, e tamén a do cónsul que o mandaba. Pídovos que averigüedes o nome do lago, o do inimigo dos romanos e o do cónsul morto en combate.






2. Un día despois, mai tamén 296 anos despois, morría un emperador romano que nos seus derradeiros días tomaba a súa inminente morte con bastante filosofía. ¿Quen era, a que idade morreu e cales foron, segundo se nos conta, as súas palabras finais?






3. A relixión romana, como todas elas, ás veces tiña uns ritos moi difíciles de interpretar, ata polos propios que os practicaban. Neste senso, pregúntovos agora polo nome dunhas festas (e a deusa a quen se dedicaban) que tiñan lugar o 11 de xuño, e na que as mulleres casadas unha soa vez (univirae, en latín), ían ó templo da deusa; unha vez alí, facían entrar unha escrava para de seguido facela saír a golpes; por último, levaban en brazos ós seus sobriños e pregábanlle á deusa que os protexese.



PRVDENTIA, PATIENTIA, SAPIENTIA



lunes, 25 de mayo de 2009

Finis Secundi Cursus Baccalaureatus


Xa rematou o curso ordinario de 2º de Bacharelato, e quero desde aquí agradecer a atención que todos vós, alumnos meus, prestastes ás clases. A parte de felicitar expresamente ós que superaron o curso, foi un pracer para min tervos, a todos sen excepción, como discípulos estes dous anos.

Agora comezan as clases de repaso, ou máis ben de reforzo e recomendación, para aqueles que se van presentar ás PAAU en a penas 15 días. Centrarémonos en esmiuzar exames de convocatorias anteriores, tanto de xuño como de setembro, se ben teremos coidado de fixarnos nas modificacións que aparecerán este ano. De momento, indícovos o enlace do Grupo de Traballo da CiuG que se encarga de elaborar as probas de Latín:


Nesta web poderedes atopar os exames que hemos ver nas clases, así como algunhas outra s indicacións (aínda que éstas van destinadas sobre todo a profes).

Nada máis de momento. Ós que viredes ás clases de repaso, agárdovos; ós que non, in thermopoliis nos videbimus. Bromas a parte, moita sorte a todos, e gardade un rincón da vosa memoria para o latín que estudiastes e o profesor que, mellor ou peor, volo ensinou: pola miña parte, non teñades dúbida de que perviviredes nas miñas lembranzas.

NOBIS PROFVERVNT DELICIAE LINGVAE LATINAE

martes, 5 de mayo de 2009

Attendite, alumni secundi cursus baccalaureatus!

E, como prometía, apenas nuns minutos, velaquí a toponimia da que debedes responder nos vindeiros días:






FINIS LABORIS VESTRI PROXIMVS EST!

Attendite, alumni secundi cursus baccalaureatus!

Dado que o exame está aí ó lado, aquí tedes a presentación de diapositivas coas expresións latinas que vos entran nel. Na seguinte entrada, en breve, brevísimo tempo, hei colgar a dos topónimos:

AMOENVS HIC LABOR VOBIS SIT!

lunes, 4 de mayo de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (VI)

Como é costume cada día 28, 29, 30 ou 31, rematou o mes, neste caso o de abril. Tres persoas respostaron, e correctamente, ás quaestiones plantexadas. As respostas non eran, coma sempre, nada difíciles: Vexamos:
1. As festas celebradas en Roma entre o 4 e o 11 de abril eran as chamadas Megalenses, en honra da deusa Cibeles (que, por certo, segue a ter unha estatua hoxe en día en Madrid, como ben sabedes), tamén coñecida como Magna Mater, ou sexa, "Gran Nai".
2. Esa deusa, totemizada nunha pedra de betilo, chegara a Roma no ano 204 a.C., cando unha interpretación dos Libros Sibilinos, que os sacerdotes consultaban en caso de grande perigo para a patria (e que ninguén comprendía), estableceu que sen ela na cidade, Aníbal non podería ser derrotado: Roma enfrontábase a Cartago na II Guerra Púnica.
3. E o 26 de abril do 121 d.C. naceu o chamado "emperador filósofo", Marco Aurelio, da dinastía Antonina. Educouse na escola filosófica do estoicismo, que ensinaba, entre outras cousas, a aturar con paciencia os sobresaltos da vida. Este gobernante deixou escritas unhas máximas (pensamentos breves) compiladas baixo o título Meditacións.
Ben, pois felicitacións para Iván Martínez (4º ESO), Óscar Romero (1º BAC) e Rosa Fiuza (2º BAC), que han ver incrementada a súa nota final en 0,33 puntos.

Para que eles, e tamén outros, poidan seguir sumando, velaquí as preguntas do mes de maio. Tedes desde hoxe ata o día 31 para respostar:








1. Como xa vos teredes decatado, os romanos eran moi festeiros. Nesta ocasión, os días 9, 11 e 13 de maio o pai de cada familia erguíase a medianoite para coller unhas poucas fabas negras e lanzalas ás súas costas; despois, golpeaba un obxecto de bronce, co que non debía facer pouco ruído. ¿A quen se rendía tributo nestes ritos e que simbolizaban?








2. Hai 2.061 anos morría en terra estranxeira un xeneral e político romano moi famoso pola súa riqueza material, e que tivo unha morte xustamente relacionada cos cartos. ¿Quen era, con que nome se coñece a batalla que perdeu e a mans de quen foi derrotado?








3. O 31 de maio de hai 2.025 anos proclamouse en Roma que comezaba unha nova era de paz e prosperidade. Para saudar este feito, convocáronse uns xogos (en latín, ludi) que duraron tres días. A propaganda oficial proclamaba que uns xogos tales nunca se viran e xamais se habían ver de novo. ¿Como se denominaron e como se titula o poema que certo poeta latino, entonces con 48 anos, escribiu para a ocasión?
SAPIENTIA IN VOS INDVCTA SIT!

martes, 21 de abril de 2009

NATALICIVS VRBIS ROMAE


Hoy es 21 de abril. Hoy hace 2.762 años, según Marco Terencio Varrón, que Roma fue fundada. Y si no fuese por ese hecho este blog no existiría, ni yo sería profesor de lo que soy, ni tendría los alumnos que tengo y he tenido. Alguno podrá pensar que poca importancia tendría que las cosas hubiesen sido de otra manera. Pero yo no. Y además, creo que lo que Roma nos ha dado ha sido, en su mayor parte, beneficioso para la Humanidad. Porque, de todas maneras, es ya inevitable que el curso de la Historia haya sido el que ha sido: quedémonos con las luces de Roma, más potentes seguramente que las de muchas otras épocas, aun contando con sus sombras.


Y, ya sin tanta trascendencia, para celebrar un cumpleaños más de la Ciudad Eterna, aquí os dejo esta cita de Tito Livio, en la que transmite su amor por los valores que el suponía originarios de la Roma primigenia:


Por lo demás, o me engaña la pasión por el trabajo emprendido, o nunca hubo Estado alguno mayor, más augusto y más rico en buenos ejemplos, ni ciudad en la que infiltrasen más tardíamente la avaricia y la lujuria, ni donde existiese tan profundo y por tan largo tiempo el respeto a la pobreza y la economía. Hasta tal punto que, cuanto menos se poseía, menos se deseaba. Pero recientemente las riquezas han acarreado la avaricia; y la abundancia de placeres, el deseo de perderse y de perderlo todo por mediación del lujo y del desenfreno
(Tito Livio; Los orígenes de Roma, edición de Maurilio Pérez González, Madrid, 1989)


PROSIT VOBIS VRBIS ROMAE HEREDITAS