lunes, 29 de febrero de 2016

Concurso Odisea 2016: "A Crisálida de Aire" obtén o 3º posto

O pasado 17 de febreiro celebrouse o desempate da fase galega do Concurso Odisea 2016.

De acordo coa organización, o noso Centro foi unha das sedes desa fase da competición, na que participaba o grupo A Crisálida de Aire (composto por Noemí, Marta e María, de 4º ESO), previamente clasificado. Ó noso Centro acudiu, tamén para participar, o grupo Uber, do IES de Valga.

Ó final do día, resultou gañador o grupo Uber, e A Crisálida de Aire obtivo o 3º lugar.



Desde este blog felicitamos ás gañadoras e desexámoslles a maior das sortes para a fase estatal, que terá lugar esta semana.

Tamén temos que dicir que no IES Fontexería estamos moi orgullosos das nosas alumnas, que mañá irán recoller o premio á Coruña, no marco do Festival de Teatro Grecolatino que se está a celebrar en varias cidades galegas.

Aquí deixamos dúas fotos dos grupos Uber e A Crisálida de Aire.






domingo, 14 de febrero de 2016

Desempate Odisea 2016

Logo de rematado o Concurso Odisea 2016, estamos moi ledos de anunciar que os participantes do noso Centro obtiveron uns resultados máis que aceptables, segundo a clasificación definitiva (pódese consultar aquí):

Grupo A CRISÁLIDA DE AIRE (Marta, María e Noemí): 85 ptos. - máxima puntuación
Grupo TEMPVS ABDOMINALE (Brais e Isma): 85 ptos. - máxima puntuación
Grupo ATHENA VICTRIX (Allende, David e María): 40 ptos.
Grupo ROMAC (Isaac e Sara): 35 ptos.

Os grupos A CRISÁLIDA DE AIRE e TEMPVS ABDOMINALE lograron a máxima puntuación, xunto con outros catro grupos (entre 379 participantes de toda Galicia). Segundo prescriben as bases do concurso, haberá un desempate o vindeiro mércores día 17, e nel só pode participar un grupo por cada Centro: tamén segundo as bases, aquel que empregase menos tempo en responder ás preguntas dos catro días anteriores. No caso do IES Fontexería, o grupo clasificado é A CRISÁLIDA DE AIRE.

Despois de contactar coa organización do Concurso (á que unha vez máis, felicitamos polo labor realizado), o noso Centro acollerá unha parte do desempate, na que participarán A CRISÁLIDA DE AIRE e máis o grupo UBER, do IES Valga, que, por medio do seu profesor responsable, aceptou desprazarse ata Muros.

Como profesor, estou moi orgulloso dos meus alumnos, tanto os que van participar no desempate (Fortuna vos iuvet!) como os que tomaron parte no Concurso.

Así que a tarde do mércores, de 17 a 20 h, será moi, pero que moi emocionante para nós.


lunes, 1 de febrero de 2016

Comeza o concurso Odisea 2016


Hoxe é 1 de febreiro, e ás 9:30 comezou e edición do concurso Odisea correspondente a este ano 2016.

Desde aquí queremos felicitar un ano máis aos organizadores e á SEEC por esta estupenda iniciativa.

No noso centro, o IES Fontexería de Muros, participan estes catro grupos:

     - A CRISÁLIDA DE AIRE (Noemí, Marta e María, de 4º ESO)
     - TEMPVS ABDOMINALE (Ismael e Brais, de 4º ESO)
     - ATHENA VICTRIX (María, Allende e David, de 1º BAC)
     - ROMAC (Isaac e Sara, de 1º BAC)

A web na que se publican as preguntas é esta:


MINERVA FORTVNAQVE VOBIS PROPITIAE SINT!

ROMANAE QVAESTIONES V (MMXV-MMXVI)

Rematou xaneiro e comezou febreiro. En xaneiro só Iván e Aldara (2º BAC) sumaron 0,33 puntos cada mes para, a final de trimestre, totalizar 1 punto que engadir á súa nota.

Para eles dous, e para todos os demais, que están perdendo unha irrepetible oportunidade cada mes, velaí van as Romanae Quaestiones de febreiro:


 
I. Todos os anos, cada 13 de febreiro, e durante 9 días, celebrábanse en Roma unhas festas relixiosas de carácter funesto: suspendíase toda actividade política, non se producían matrimonios, e ademais pechábanse todos os templos. A que festividade nos referimos e quen era honrados nelas?






II. Cada 15 de febreiro tiña lugar en Roma outra celebración relixiosa. Comezaba co sacrificio dunha cabra nunha cova situada no outeiro do Palatino; a seguir, os sacerdotes encargados do rito, coa cara manchada co sangue da víctima e case nus, saían a correr polas rúas da cidade e golpeaban, cunhas correas feitas coa pel da mesma cabra, a todo aquel que se poñía por diante, especialmente ás mulleres. Como se chamaba esta festa e porque as mulleres recibían gustosas os correazos?







III. O 17 de febreiro de hai 1.652 anos morría un Emperador que fora proclamado só 8 meses antes. O seu antecesor morrera en plena expedición contra un inimigo estranxeiro, e por iso o novo gobernante tivo que asinar un pacto polo cal Roma perdía certas posesións. De que dous Emperadores estamos a falar e cal era o inimigo ó que se enfrontaron?