Mostrando entradas con la etiqueta Oblationes. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Oblationes. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de abril de 2019

Novo Prezi: Traducir a Fedro (I)

Seguimos coa idea de orientar os alumnos de Latín II (2º BAC) nas técnicas de tradución. Neste caso, para complementar a que hai pouco fixemos sobre Eutropio, ofrecemos unha sobre Fedro, o autor en verso latino prescrito polo Grupo de Traballo de Latín para a proba das ABAU en Galicia.




Para quen prefira a versión en video, está en YouTube, na nosa canle:


domingo, 10 de febrero de 2019

Prezi: Técnicas de tradución de textos latinos para 2º BAC

Acabo de elaborar, na plataforma Prezi, unha presentación na que se explican técnicas de tradución de textos latinos aplicadas a Eutropio, o autor en prosa de referencia para as ABAU en Galicia.

A intención é que os consellos que se dan nesta presentación sirvan para afinar as habilidades de tradución do alumnado de 2º BAC. De feito, nela aparecen, condensadas, as nocións que intento transmitir nas miñas clases todos os días.

Espero que lle sexa útil a alguén.


lunes, 21 de enero de 2019

Aliquae res de vita Caesarum gentis Iuliae-Claudiae (secundum C. Suetonium)

Sabido é que Gaio Suetonio Tranquilo é unha das fontes principais sobre os 11 primeiros emperadores romanos e mais Xulio César.

A súa obra é unha mina de anécdotas, e moitas delas deixan o lector ó bordo da incredulidade, ademais de incitalo a botar unhas risas.

Aquí deixo unha presentación na plataforma Prezi que elaborei, escollendo fragmentos de Suetonio sobre os cinco emperadores da familia Xulia-Claudia. Contén imaxes, textos latinos e a súa correspondente tradución, que se inclúe no audio.

Espero que vos entreteña, sequera unha chisca.

Por se preferides a versión en video, déixoa tamén aquí: