viernes, 12 de diciembre de 2008

AVETE, LECTORES

Si, lectores. Porque aínda que sexa en internet, seguimos a ler. E nós pretendemos que leades, non só o que escribamos aquí, senón textos sen dúbida moito máis interesantes dos que vos iremos dando conta.

Xulio César instiuíu en Roma os Acta Diurna: a publicación das actas de reunión do Senado, con inclusión doutras novas de tipo social e político. Era unha mistura de "Boletín Oficial do Estado" e xornal de noticias, aínda que non tan extenso como os de hoxe. Con todo, foi un principio, aínda que o costume non foi seguido por moitos dos gobernantes romanos posteriores a el: estes preferiron, como tantos na Historia, servirse da censura.
Pois ben, o Departamento de Latín do IES Fontexería de Muros (isto é, o profesor Alfonso Blanco xunto cos seus alumnos) salta ó ciberespacio a velocidade moderada para dar conta de cómo traballamos sobre a lingua e a cultura de Roma. Haberá espacio para moitas cousas: axudas para comprender contidos, elaborar traballos e exercicios, curiosidades lingüísticas, literarias e históricas, crónica das actividades que iremos levando a cabo... e o que se nos ocurra.
Agardamos que este sexa un espacio útil e ameno para todos os que o visiten. Por certo, será tamén un lugar trilingüe, xa que o latín, o galego e o castelán serán os idiomas nos que aparecerán as entradas deste blog.
De momento, acta est fabula.

Valete, lectores
Magister Adefonsus

No hay comentarios:

Publicar un comentario