Fantástica animación sobre o que debeu ser o derradeiro día da vida da cidade romana de Pompeia:
Avete, navigatores. Hoc est blog materiae linguae Latinae Muradani Lycei "Fontexería". Hic multa de linguae Latinae alumnis eorumque magistro Adefonso, etiam de eorum labore invenies: nuntios imaginesque, tuis laboribus auxilia, facta et dicta memorabilia historiae vitaeque Romanae, et cetera. Speramus ut utile gratumque vobis sit.
Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Videos. Mostrar todas las entradas
lunes, 7 de octubre de 2019
martes, 9 de abril de 2019
Novo Prezi: Traducir a Fedro (I)
Seguimos coa idea de orientar os alumnos de Latín II (2º BAC) nas técnicas de tradución. Neste caso, para complementar a que hai pouco fixemos sobre Eutropio, ofrecemos unha sobre Fedro, o autor en verso latino prescrito polo Grupo de Traballo de Latín para a proba das ABAU en Galicia.
Para quen prefira a versión en video, está en YouTube, na nosa canle:
Etiquetas:
Nuntiationes ad secundum cursum,
Oblationes,
Videos
domingo, 27 de enero de 2019
Cantos emperadores? Canto tempo cada un? Como morreron?
Aquí deixo unha animación que elaborei sobre o número, tempo de reinado e xeito de morrer dos Emperadores romanos, desde o ano 27 a.C. ata o 476 d.C., que é o marco temporal que tradicionalmente se atribúe á duración do réxime imperial romano.
Vendo a estatística do final, igual ser Emperador non pagaba tanto a pena. Ou si?
Etiquetas:
Animationes,
Historia Romana,
Videos
domingo, 2 de abril de 2017
Video: Viri et Mulieres Historiae Romanae (I)
Desde hai unhas semanas, o alumnado de Latín de 4º ESO está a traballar sobre algúns persoeiros de ambos sexos que tiveron o seu protagonismo na Historia de Roma.
As sesións celebráronse na nosa aula habitual e tamén na Biblioteca do Centro. Logo de buscar información a través de medios dixitais e "analóxicos" (as tradicionais enciclopedias e libros temáticos), elaboraron un guión sobre o seu persoeiro, de xeito case telegráfico, e gravaron en video o resultado do seu traballo. Por razóns de espazo, publicaremos catro videos, a razón de cinco persoeiros cada un.
Velaquí o primeiro, protagonizado por Octavio, Paula F., Andrea, Paula I. e Águeda:
Etiquetas:
Nuntiationes ad quartum cursum,
Videos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)