Anunciamos con ledicia a
posta en marcha, na Aula Virtual do noso Centro, de
tres cursos de Latín: están deseñados para
4º ESO,
1º BAC e
2º BAC, aproveitando as utilidades da
Plataforma Moodle, na que se basea esa Aula.
Como saben os alumnos, os cursos
levan xa un par de meses funcionando, aínda que ata este momento non estaban a disposición dos internautas todos os materiais.
Os cursos teñen as mesmas denominacións que as libretas que editamos a modo de libros de texto:
Ad Latinitatem (4º ESO),
Latinitas Nostra I (1º BAC) e
Latinitas Nostra II (2º BAC). Están divididos, de novo igual que as libretas, en
12 Lectiones ou Unidades Didácticas. Neles aparecen
todos os materiais preparados para o seu seguemento case día a día:
textos,
presentacións audiovisuales,
webs de elaboración propia, e tamén
enlaces interesantes e relacionados coas materias. Finalmente, cada
Lectio é obxecto de valoración a través da cumprimentación obrigatoria por parte do alumno dunha serie de
cuestionarios que ofrecen, a maior parte deles, a calificación de forma inmediata.
No Departamento estamos moi ledos (
id est,
estou moi ledo) de ter conseguido botar a andar este novo medio para as relacións académicas cos alumnos, e agardamos que resulte útil para todos. Pouco a pouco, agardamos, iremos mellorando o servicio, corrixindo os erros que poida haber, e aportando novas ideas.
Estes son os enlaces para os cursos, que quedarán incorporados na sección
Vincula deste blog (na columna da esquerda):
Ad Latinitatem (4º ESO)Latinitas Nostra I (1º BAC)Latinitas Nostra II (2º BAC)DOCENTIAE SEMPER FIDELES