jueves, 4 de junio de 2009

Attendite, alumni primi cursus baccalaureatus!

Tres entregas seguidas con material para preparar el primero de los dos exámenes que nos quedan. Para empezar, los ejemplos de evoluciones fonéticas; podéis combinarlos con los apuntes del libro de clase para aprender a aplicar las leyes fonéticas.

ROMANAE QVAESTIONES (VIII)

Un mes mais que remata, e outro que comeza, nesta ocasión o derradeiro do curso. E tamén a derradeira ocasión que os alumnos deste ano poderán sumar décimas á súa nota do trimestre. Polo tanto, haberá que propoñer novas cuestións.


Mais antes temos que comentar as preguntas do mes anterior. Vexamos:

1. As Lemuria eran unhas festas nas que se honraba ós lémures, nome que os romanos daban ós espíritos dos mortos. Co ritual que se realizaba pretendíase conxurar calquera mala influencia que estas almas puidesen exercer sobre os vivos. Supoñíase que o bruído provocado polo golpeo do bronce facíaos marchar da casa...

2. Marco Licinio Craso, importante político do derradeiro século da República romana e home inmensamente rico, morreu no ano 53 a.C. preto de Carras (ou Carrhae, en latín) a mans dos partos, pobo que por aquel entonces dominaba un amplo territorio, hoxe en Irak, Irán e parte de Turquía.

3. Finalmente, no ano 17 a.C. o emperador Augusto decretou a celebración dos Xogos Seculares, que sinalaron o que desde o poder se quería interpretar como un cambio de era: a fin dunha situación política e social e o principio doutra, desexada como de gran prosperidade. As festas duraron tres días, nos que, por suposto, a figura de Augusto foi protagonista e recibiu mostras de respeto e adhesión popular. O poeta Horacio sumouse a esta pompa coa composición do Carmen Saeculare, un poema que foi recitado publicamente nesta ocasión.


Ben, pois hai que felicitar de novo a alumnos que participan decote neste pequeno xogo. Trátase de Iván Martínez, Óscar Romero, Alba Castro e Rosa Fiuza. Os dous primeiros suman, como de costume, 0,33 puntos á súa nota do trimestre; Alba e Rosa reciben máis premio, 0,5, xa que ó seren alumnas de 2º de Bacharelato xa viron o seu curso rematado (e ademais aprobado noraboa).
E, para que ninguén se queixe de que non hai máis oportunidades, aquí están as preguntas para este mes:






1. O 22 de xuño de hai 2.226 anos produciuse unha importante batalla ás beiras dun lago italiano no que os romanos sufriron unha importante derrota a mans dun dos seus inimigos máis feros. O exército romano sufriu a perda de 15.000 soldados, e tamén a do cónsul que o mandaba. Pídovos que averigüedes o nome do lago, o do inimigo dos romanos e o do cónsul morto en combate.






2. Un día despois, mai tamén 296 anos despois, morría un emperador romano que nos seus derradeiros días tomaba a súa inminente morte con bastante filosofía. ¿Quen era, a que idade morreu e cales foron, segundo se nos conta, as súas palabras finais?






3. A relixión romana, como todas elas, ás veces tiña uns ritos moi difíciles de interpretar, ata polos propios que os practicaban. Neste senso, pregúntovos agora polo nome dunhas festas (e a deusa a quen se dedicaban) que tiñan lugar o 11 de xuño, e na que as mulleres casadas unha soa vez (univirae, en latín), ían ó templo da deusa; unha vez alí, facían entrar unha escrava para de seguido facela saír a golpes; por último, levaban en brazos ós seus sobriños e pregábanlle á deusa que os protexese.



PRVDENTIA, PATIENTIA, SAPIENTIA



lunes, 25 de mayo de 2009

Finis Secundi Cursus Baccalaureatus


Xa rematou o curso ordinario de 2º de Bacharelato, e quero desde aquí agradecer a atención que todos vós, alumnos meus, prestastes ás clases. A parte de felicitar expresamente ós que superaron o curso, foi un pracer para min tervos, a todos sen excepción, como discípulos estes dous anos.

Agora comezan as clases de repaso, ou máis ben de reforzo e recomendación, para aqueles que se van presentar ás PAAU en a penas 15 días. Centrarémonos en esmiuzar exames de convocatorias anteriores, tanto de xuño como de setembro, se ben teremos coidado de fixarnos nas modificacións que aparecerán este ano. De momento, indícovos o enlace do Grupo de Traballo da CiuG que se encarga de elaborar as probas de Latín:


Nesta web poderedes atopar os exames que hemos ver nas clases, así como algunhas outra s indicacións (aínda que éstas van destinadas sobre todo a profes).

Nada máis de momento. Ós que viredes ás clases de repaso, agárdovos; ós que non, in thermopoliis nos videbimus. Bromas a parte, moita sorte a todos, e gardade un rincón da vosa memoria para o latín que estudiastes e o profesor que, mellor ou peor, volo ensinou: pola miña parte, non teñades dúbida de que perviviredes nas miñas lembranzas.

NOBIS PROFVERVNT DELICIAE LINGVAE LATINAE

martes, 5 de mayo de 2009

Attendite, alumni secundi cursus baccalaureatus!

E, como prometía, apenas nuns minutos, velaquí a toponimia da que debedes responder nos vindeiros días:






FINIS LABORIS VESTRI PROXIMVS EST!

Attendite, alumni secundi cursus baccalaureatus!

Dado que o exame está aí ó lado, aquí tedes a presentación de diapositivas coas expresións latinas que vos entran nel. Na seguinte entrada, en breve, brevísimo tempo, hei colgar a dos topónimos:

AMOENVS HIC LABOR VOBIS SIT!

lunes, 4 de mayo de 2009

ROMANAE QVAESTIONES (VI)

Como é costume cada día 28, 29, 30 ou 31, rematou o mes, neste caso o de abril. Tres persoas respostaron, e correctamente, ás quaestiones plantexadas. As respostas non eran, coma sempre, nada difíciles: Vexamos:
1. As festas celebradas en Roma entre o 4 e o 11 de abril eran as chamadas Megalenses, en honra da deusa Cibeles (que, por certo, segue a ter unha estatua hoxe en día en Madrid, como ben sabedes), tamén coñecida como Magna Mater, ou sexa, "Gran Nai".
2. Esa deusa, totemizada nunha pedra de betilo, chegara a Roma no ano 204 a.C., cando unha interpretación dos Libros Sibilinos, que os sacerdotes consultaban en caso de grande perigo para a patria (e que ninguén comprendía), estableceu que sen ela na cidade, Aníbal non podería ser derrotado: Roma enfrontábase a Cartago na II Guerra Púnica.
3. E o 26 de abril do 121 d.C. naceu o chamado "emperador filósofo", Marco Aurelio, da dinastía Antonina. Educouse na escola filosófica do estoicismo, que ensinaba, entre outras cousas, a aturar con paciencia os sobresaltos da vida. Este gobernante deixou escritas unhas máximas (pensamentos breves) compiladas baixo o título Meditacións.
Ben, pois felicitacións para Iván Martínez (4º ESO), Óscar Romero (1º BAC) e Rosa Fiuza (2º BAC), que han ver incrementada a súa nota final en 0,33 puntos.

Para que eles, e tamén outros, poidan seguir sumando, velaquí as preguntas do mes de maio. Tedes desde hoxe ata o día 31 para respostar:








1. Como xa vos teredes decatado, os romanos eran moi festeiros. Nesta ocasión, os días 9, 11 e 13 de maio o pai de cada familia erguíase a medianoite para coller unhas poucas fabas negras e lanzalas ás súas costas; despois, golpeaba un obxecto de bronce, co que non debía facer pouco ruído. ¿A quen se rendía tributo nestes ritos e que simbolizaban?








2. Hai 2.061 anos morría en terra estranxeira un xeneral e político romano moi famoso pola súa riqueza material, e que tivo unha morte xustamente relacionada cos cartos. ¿Quen era, con que nome se coñece a batalla que perdeu e a mans de quen foi derrotado?








3. O 31 de maio de hai 2.025 anos proclamouse en Roma que comezaba unha nova era de paz e prosperidade. Para saudar este feito, convocáronse uns xogos (en latín, ludi) que duraron tres días. A propaganda oficial proclamaba que uns xogos tales nunca se viran e xamais se habían ver de novo. ¿Como se denominaron e como se titula o poema que certo poeta latino, entonces con 48 anos, escribiu para a ocasión?
SAPIENTIA IN VOS INDVCTA SIT!

martes, 21 de abril de 2009

NATALICIVS VRBIS ROMAE


Hoy es 21 de abril. Hoy hace 2.762 años, según Marco Terencio Varrón, que Roma fue fundada. Y si no fuese por ese hecho este blog no existiría, ni yo sería profesor de lo que soy, ni tendría los alumnos que tengo y he tenido. Alguno podrá pensar que poca importancia tendría que las cosas hubiesen sido de otra manera. Pero yo no. Y además, creo que lo que Roma nos ha dado ha sido, en su mayor parte, beneficioso para la Humanidad. Porque, de todas maneras, es ya inevitable que el curso de la Historia haya sido el que ha sido: quedémonos con las luces de Roma, más potentes seguramente que las de muchas otras épocas, aun contando con sus sombras.


Y, ya sin tanta trascendencia, para celebrar un cumpleaños más de la Ciudad Eterna, aquí os dejo esta cita de Tito Livio, en la que transmite su amor por los valores que el suponía originarios de la Roma primigenia:


Por lo demás, o me engaña la pasión por el trabajo emprendido, o nunca hubo Estado alguno mayor, más augusto y más rico en buenos ejemplos, ni ciudad en la que infiltrasen más tardíamente la avaricia y la lujuria, ni donde existiese tan profundo y por tan largo tiempo el respeto a la pobreza y la economía. Hasta tal punto que, cuanto menos se poseía, menos se deseaba. Pero recientemente las riquezas han acarreado la avaricia; y la abundancia de placeres, el deseo de perderse y de perderlo todo por mediación del lujo y del desenfreno
(Tito Livio; Los orígenes de Roma, edición de Maurilio Pérez González, Madrid, 1989)


PROSIT VOBIS VRBIS ROMAE HEREDITAS