martes, 12 de enero de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / IV)

Comezamos o novo ano coa mesma intención que os anteriores: honrar a herdanza de Roma e a súa lingua e, ó mesmo tempo, intentar facilitar o achegamento á Cidade Eterna e á civilización que produciu.
Na mesma liña traballa a Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC), que ven de poñer en marcha, un ano máis, o concurso Odisea. Desde aquí convido a todos os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica do IES Fontexería a participar neste certame, no que case sempre as deusas Fortuna e Minerva nos foron propicias. Para botarlle unha ollada ás bases, onde se explica o sistema de participación, velaquí tedes este enlace: Bases Concurso Odisea 2010.





E, como vimos facendo tamén desde o inicio deste curso, ofrecemos a posibilidade de sumar ata un punto na nota final do trimestre mediante o noso sistema de preguntas e respostas, precisamente inspirado no formado de Odisea. Estas son as cuestións que poderedes respostar durante o mes de xaneiro:








1. Hai 2.096 anos, cando comezaba a exercer por segunda vez o cargo máis importante da República romana, morría un importante xeneral, a quen moitos dos seus concidadáns lembraban con afecto por ter derrotado a dous pobos xermánicos e tamén a un rei africano. Quen era este xeneral, que cargo desempeñaba no momento da súa morte, e a que se debeu ésta?








2. Algo así como 58 anos despois do anterior, certo gobernante romano (o primeiro do seu xénero) decidía pechar as portas de certo templo, dedicado a un deus cuxa estatua sempre presentaba dúas caras. Quen foi o gobernante, de qué deus se trataba e qué significado tiña ese peche das portas?








3. Moito tempo despois, en concreto hai 1.615 anos, deixaba de existir un emperador romano (de orixe hispana, ademais) despois do cal xa nada foi igual para o Imperio, sobre todo porque tomou certa decisión en relación cos seus fillos. Queremos saber o nome do emperador, o dos seus fillos e, por suposto, cal foi esa decisión tan trascendental.








ANTIQVA ROMA VOBIS PROSIT ET DELECTET

No hay comentarios:

Publicar un comentario