Cun pouco de retraso (pido desculpas), pero aquí está de novo, como cada mes, a oportunidade de aumentar 0,33 puntos á nota final do trimestre. Cómpre mencionar a Nerea, Gemma e Sabela (1º BAC), e tamén a Patricia, Clara e Leticia (2º BAC), que o mes pasado respostaron correctamente ás preguntas que deixamos aquí.
Ben, pois estas son as correspondentes a este mes de decembro (bulide, que faltan poucos días):
II. Cada primeiro de decembro os romanos
celebraban unha festa relixiosa na honra da filla primoxénita (a pesar de que a
romana era unha sociedade na que o poder masculino era omnímodo). A deusa
honrada nesta ocasión era moi venerada por todos os romanos, e mesmo Xulio
César tiña sona de serlle moi devoto. De
que festa se trata?
III. O día 3 de decembro, 156 anos
despois da batalla mencionada na primeira quaestio,
estouraba en Roma un escándalo relixioso: un home participara, disfrazado de
muller, nuns ritos relixiosos reservados exclusivamente a mulleres. Os rumores
dicían que o fixera en colaboración coa esposa dun importante político da
cidade, coa que se sospeitaba que mantiña unha relación adúltera. De que celebración relixiosa falamos, e
como se chamaban o seus dous profanadores (home e muller), ademais do esposo
supostamente traizoado?
No hay comentarios:
Publicar un comentario