Estamos na metade do curso, e con este mes que ven de comezar chega outra oportunidade para sumar décimas á nota final deste trimestre. A ocasión do mes de xaneiro xa a aproveitaron Lucía, Nerea A., Gemma, Saray, Sabela (1º BAC) e Clara (2º BAC). Estas son as preguntas deste mes de febreiro:
Cada 1 de febreiro celebrábase en
Roma unha festa relixiosa na honra de certo deus vencellado ó Inframundo: nun
bosque sagrado (lucus) que estaba
consagrado a esta divinidade na desembocadura do Tíber sacrificábase un touro
de pelo escuro. A que deus nos
referimos?
O 4 de febreiro, hai 1.803
anos, morría na cidade britana que daquela era chamada Eburacum un Emperador romano que puxera fin a uns anos moi
convulsos nos que se sucederon un eito de gobernantes de moi pouca duración.
Disque no seu leito de morte aconsellou ós seus dos fillos, nomeados como
sucesores, que só se coidasen de manter contentos ós soldados. Como se chamaba este Emperador e os seus
dous fillos?
159 anos antes, o 5 de febreiro, un
forte terremoto devastaba certa cidade do sur de Italia. Nos anos vindeiros os
seus habitantes esforzáronse por reconstruíla, mais eses labores resultaron
inútiles, xa que pouco despois a poboación foi totalmente destruída. Como se chamaba a cidade, cal foi a causa
da catástrofe definitiva e en que ano se producíu?
No hay comentarios:
Publicar un comentario