Pasou outro mes, e xa está aquí febreiro, cunha nova oportunidade para sumar ata 0,33 puntos á nota final do trimestre.
Sen máis dilación, estas son as quaestiones deste mes:
Hai 2.027 anos, o 12 de
febreiro, morría en Roma un importante persoeiro da política romana. Fora o
principal amigo e colaborador do primeiro Emperador, sobre todo en asuntos
militares, ata o punto de que chegou a ser considerado como sucesor; para iso,
ademais, casara coa filla do seu amigo. De que dous persoeiros estamos a falar?
53 anos despois da morte referida na quaestio
anterior, tamén o 12 deste mes, nacía un rapaz que, por ser fillos de
Emperador, estaba destinado a selo el tamén, se non fose porque a súa madrastra
-por certo, sospeitosa de asasinar ó Emperador mediante unha cea a base de
cogumelos-, influíu para que o fillo dela ocupase o seu lugar. Queremos o nome do Emperador, a súa esposa,
o sucesor previsto e o sucesor real.
O 13 de febreiro, 516 anos antes do nacemento ó que aludiamos na
pregunta anterior, producíase un feito que parece máis lenda que real: unha
familia romana ofreceuse para encargarse ela soa da guerra que Roma mantiña
contra a cidade que daquela era a capital de Etruria. Segundo parece, os 306
membros desa familia (todos menos un, que quedara en Roma debido á súa curta
idade), morreron nunha emboscada. A que
familia nos referimos e como se chamaba a cidade rival de Roma nesta guerra?
No hay comentarios:
Publicar un comentario