O pasado mes de febreiro só Nerea, Gemma e Sabela, todas de 2º BAC, aproveitaron a oportunidade mensual de sumar 0,33 puntos á nota final do trimestre. Para elas, e para todos os demais alumnos de Latín do IES Fontexería, aquí están as preguntas do mes de marzo:
I. O 7 de marzo, hai 1.854 anos,
morría, víctima dunha indixestión de queixo, un dos Emperadores que mellor
lembranza deixou entre os romanos, ata o punto de dicirse que foi case o único
en gobernar sen mandar asasinar a ningún dos seus concidadáns. Tras a súa
apoteose (decreto do Senado polo que un Emperador era divinizado), compartíu un
templo no Foro Romano coa súa esposa. De
que Emperador se trata e como se chamaba a súa esposa?
I. 302 anos antes, o 10 de marzo, un
cónsul romano vencía nunha batalla coa que se poñía punto final á primeira de
tres guerras que Roma mantería cun inimigo temible, e que, na segunda delas, a
piques estivo de derrotala. A que serie
de guerras nos referimos, como se chamaba o cónsul, e con que nome coñecemos a
esa batalla?
III. Finalmente, 61 anos despois da morte
do Emperador mencionado na primeira quaestio,
era asasinado por soldados do exército outro emperador. Accedera ó trono a unha
idade bastante cativa, mais moi cedo os seus excesos fixérono moi odiado; de
feito, o seu cadáver foi guindado ó río Tíber. Como se chamaba este Emperador e a que idade se converteu en tal?
No hay comentarios:
Publicar un comentario