Acaba de rematar o ano 2015: utinam annus MMXVI felix et properus omnibus nostrum sit!
Con todo, seguimos no mesmo curso: comezamos un novo trimestre, e con el empeza de novo a serie de oportunidades para sumar ata 1 punto á nota final, que se outorgará no mes de marzo.
Para iso, como xa sabedes os visitantes asiduos deste blog, só hai que atopar a resposta correcta a tres preguntas sobre a Antiga Roma que cada mes publicaremos.
Velaquí as do mes de xaneiro:
I. O 12 de xaneiro, hai 2.945
anos, pechábanse en Roma as portas dun templo moi especial. Estaba dedicado a
un deus que adoitaba ser representado mediante un busto con dous rostros, cada
un deles mirando en sentidos opostos. As portas do seu templo permanecían
abertas sempre que Roma se atopase nunha situación concreta, relacionada coa
súa política exterior. De que deus
falamos e que significaba o ritual relacionado coa apertura e/ou peche das
portas do seu templo?
II. Hai 2.102 anos,
o 13 de xaneiro, e como consecuencia dunha grave enfermidade, morría un
sobranceiro xeneral romano, protagonista dos anteriores 25 anos da política
romana. Aparte de reformar o exército para facerlo algo máis profesional,
participou na política como líder dun grupo que pretendía privar á máis alta
nobreza da súa posición dominante, e que tiña noutro prestixioso xeneral o seu
principal valedor. De que dous militares
e políticos estamos a falar?
III. O 15 de xaneiro de hai 1.947
anos era asasinado, ós poucos meses de chegar ó goberno, un Emperador. Sucedera
a outro que tamén sufrira morte violenta e que chegara a facerse odioso para
gran parte da poboación, o exército e a clase dirixente romana. E o sucesor do
primeiro, que conspirou contra el para matalo, foi tamén asasinado pouco tempo
despois. Daquela, a que tres Emperadores
nos referimos (cítaos por orde cronolóxica).
No hay comentarios:
Publicar un comentario