Con xuño chega xa a derradeira oportunidade do curso para aumentar a nota final do trimestre da materia de Latín (en 4º ESO e en 1º BAC, pois 2º BAC rematou xa a súa andaina).
Para iso, como cada mes, cómpre averiguar a resposta ás seguintes preguntas (por certo, pido desculpas por estarmos xa a día 12 e non penduralas antes):
O 13 de xuño, hai
1.964 anos, nacía un rapaz que co tempo sería un importante militar
romano, encargado de consolidar a conquista dun territorio que levaba xa
algunhas décadas sendo obxectivo de Roma. Coñecemos a súa vida sobre todo pola biografía que escribíu o seu xenro, e que conservamos. Como se chamaban sogro e xenro, e de que
territorio falamos?
O mesmo día, 293
anos despois, un Emperador promulgaba un decreto que autorizaba o culto de certa
relixión, ata daquela perseguida. Como
se chamaba ese Emperador e con que nome coñecemos ese decreto?
Cada 13 de xuño
comezaban en Roma unhas festas relixiosas que duraban ata o día 15. Durante
elas uns frautistas, co rostro cuberto con máscaras, percorrían Roma no medio
de orxías e borracheiras. Como se
chamaban estas festas e na honra de que deusa se celebraban?
No hay comentarios:
Publicar un comentario