O mes de novembro trae a segunda oportunidade para os meus alumnos de Latín de incrementar a súa cualificación final de trimestre.
Esperamos que as preguntas do mes pasado non causasen demasiadas dificultades, e o mesmo dicimos das que presentamos a seguir:
I. Hai 2.025 anos,
o 27 de novembro, morría un poeta que está considerado entre os mellores da literatura
romana. Escribíu varias coleccións de poemas (un deles, sobre a felicidade da
vida retirada, moi imitado en épocas posteriores) e mesmo unha longa
composición sobre o mellor xeito de escribir obras literarias. De quen se trata?
II. 403 anos despois, o
mesmo día, producíase outra morte, esta vez dun político. Era un asesor dun dos
dous Emperadores irmáns que naquela época compartían o goberno do Imperio
Romano. Foi asasinado, logo de perder unha batalla, por orde do principal
conselleiro do outro Emperador. Queremos
saber o nome dos dous Emperadores e dos dous asesores (o asasino e o asasinado)
III. E 55 anos máis tarde,
tamén o 27 de novembro, morría unha muller, irmá dos dous Emperadores citados
na quaestio anterior, e que fora
esposa dun rei xermano e doutro Emperador romano. Como se chamaba esta muller, o seu pai e os seus dous esposos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario