Estamos no final de curso, e esta ocasión de incrementar a nota final do derradeiro trimestre atingue só ó alumnado de Latín de 4º ESO e 1º BAC, pois o de 2º BAC rematou xa as clases.
É o momento de poñerlle un bo colofón ó curso atopando a solución a estas tres quaestiones:
I. O 23 de xuño, hai 1.939
anos, morría en Roma un Emperador que chegara ó poder logo dun ano de guerra
civil e no que se sucederan nada menos que catro máximos gobernantes. Formado
como militar, gobernou con suavidade e colaborando co Senado; ademais, baixo o
seu mando comezou a construcción dun importante edificio destinado a
espectáculos públicos, que aínda se pode ver hoxe en Roma. Como se chamaba este Emperador e cales foron, segundo a tradición, as
súas derradeiras palabras?
II. Cada 5 anos, o 25 de
xuño comezaba en Roma a celebración duns xogos sagrados, consistentes na
organización dunha cacería de touros e unha carreira de cabalos no Circo
Flaminio. Foran instituídos en tempos da Monarquía na honra dos deuses do
Inframundo. Como se chamaban estes xogos
e que rei os instituíra?
III. O 26 deste mes, 284
anos despois, morría outro Emperador, famoso por non practicar a relixión que
naqueles anos estaba a impoñerse en Roma, e que quixo restaurar os cultos
antigos a nivel oficial. Morreu nunha campaña militar contra certo enemigo
estranxeiro do este do Imperio. Con que
nome coñecemos a este Emperador, a que relixión se opoñía e a que inimigo nos
referimos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario