E comezamos:
I. Hai 1.988 anos,
o 18 de outubro, un alto cargo do goberno imperial romano era condenado a morte
e executado por orde do Senado. Este persoeiro fora da máxima confianza de
certo Εmperador, ata que este decidiu retirarlla, nun intento de desligarse da
impopularidade de moitas das súas accións. Como
se chamaban o persoeiro e o Emperador?
II. Dous anos despois, o
mesmo día, morría tamén unha muller da familia imperial romana. Disque o
Emperador (o mesmo da quaestio
anterior) a obrigou a deixarse morrer de inanición: era a súa sobriña
política(ó mesmo tempo que filla da súa segunda esposa con outro home), e tamén
nai do Emperador que o sucedería. Se
desenlías ben todo isto, atoparás o nome desta muller e tamén do seu fillo.
III. O derradeiro Emperador
da dinastía da que falabamos nas dúas quaestiones
anteriores decidíu que cada 18 de outubro se celebraría unha festa
relixiosa na honra de certa deusa, para conmemorar o aniversario da súa maioría
de idade. De que Emperador falamos e a
que deusa se veneraba ese día?
No hay comentarios:
Publicar un comentario