O curso segue, e as ocasións de incrementar a nota final do trimestre dos alumnos de Latín do IES Fontexería tamén.
Ata 0,33 puntos pode conseguir quen responda atinadamente ás Romanae Quaestiones deste mes de febreiro:
I. Cada 1 de febreiro celebrábase en Roma unha festa
relixiosa na honra de certo deus vencellado ó Inframundo: nun bosque sagrado (lucus) que estaba consagrado a esta
divinidade na desembocadura do Tíber sacrificábase un touro de pelo escuro. A que deus nos referimos?
II. O 4 de febreiro, hai 1.808 anos, morría na
cidade britana que daquela era chamada Eburacum un Emperador romano que puxera
fin a uns anos moi convulsos nos que se sucederon un gran número de gobernantes
de moi pouca duración. Disque no seu leito de morte aconsellou ós seus dos
fillos, nomeados como sucesores, que só se coidasen de manter contentos ós
soldados. Como se chamaba este Emperador
e os seus dous fillos?
III. 159 anos antes, o 5 de febreiro, un forte
terremoto devastaba certa cidade do sur de Italia. Nos anos posteriores os seus
habitantes esforzáronse por reconstruíla, mais eses labores resultaron
inútiles, xa que pouco despois a poboación foi totalmente destruída. Como se chamaba a cidade, cal foi a causa
da catástrofe definitiva e en que ano se producíu?
No hay comentarios:
Publicar un comentario