Estas son as Romanae Quaestiones de novembro:
I. Hai 2.004 anos, o 6 deste mes, nacía en
Roma unha rapaza que logo sería moi importante na evolución da primeira
dinastía de Emperadores romanos: sobriña do segundo Emperador desa familia,
irmá do terceiro, esposa do cuarto e nai do quinto. De que muller e Emperadores falamos?
II. O 8 de novembro, 78 anos antes, un importante
político e orador romano pronunciaba diante do Senado o primeiro dunha serie de
discursos nos que descubría unha conspiración destinada a dar un golpe de
Estado. Segundo se nos conta, o líder da conxura estaba presente cando os seus
plans foron revelados publicamente. De
que dous homes estamos a falar?
III. Durante a celebración dos Xogos Plebeios, o 13 de
novembro, certo colexio de sacerdotes organizaba, no nome da plebe, un banquete
público na honra do deus a quen se consagraban os devanditos xogos. Unha imaxe
do propio deus (a quen acompañaban outras dúas, de senllas deusas) era levada ó
banquete. O deus protagonista “comía” recostado nun diván e as dúas deusas
sentadas. Como se chamaba o colexio de
sacerdotes e a que deuses nos referimos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario