Mostrando entradas con la etiqueta Odisea 2009. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Odisea 2009. Mostrar todas las entradas

jueves, 12 de marzo de 2009

Iter In Lucum Augusti!


Como estaba previsto, o pasado luns día 9 acudimos a Lugo á inauguración do Festival de Teatro Grecolatino, onde se fixo entrega dos premios do concurso "Odisea 2009", organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos. Como sabedes, o grupo "Sequere Me", integrado por Ana Del Río, Marta Martínez e Javier Rey, alcanzou o 3º premio neste certame.
A obra que inaugurou o Festival foi a traxedia As Bacantes, de Eurípides, representada polo grupo "Hypnos". As condicións de son non eran as mellores, e a interpretación de varios dos actores foi mellorable, mais o mellor da montaxe era a escenografía, sobre todo no relacionado co coro.
Velaquí tedes as fotografías que tiramos:


Nada nos queda senón congratularnos do éxito alcanzado nesta nova edición do Concurso (fomos premiados en tres das catro que van ata agora), e desexar que continuemos nesta liña.

miércoles, 11 de febrero de 2009

Tertium praemium Concursus "Odisea 2009" tulimus!

Magna gaudia omnibus alumnis Lycei Muradani!
Hoxe mércores, como estaba previsto, tivo lugar o desempate da Fase Galega do Concurso Odisea 2009. Finalmente, asistiron tres grupos do noso Centro ó IES de Ames para participar neste evento. O suspense acompañounos desde o principio, xa que xusto ás 16,30, hora do comezo, a páxina web na que debían aparecer as cuestións non cargaba. Os responsables da organización fixeron chegar as preguntas co inevitable retraso, mais as condicións foron iguais para todos. A partir dese momento comezaron case tres horas contra o reloxio. O resultado final deixou ó grupo SEQVERE ME (Marta Martínez, Javier Rey e Ana Del Río) en terceiro lugar, só superados por dous grupos do IES de Ames, que obtiveron os dous primeiros lugares. Os outros dous grupos nosos quedaron como segue: en cuarta posición, CORPVS DELICTI (Alba Castro, Merche Ferreirós e Iván Martínez), cos mesmos puntos que SEQVERE ME, mais cunha desavantaxe en tempo de 1m 20 s.; e en oitava posición, con algúns puntos menos, rematou FESTINA LENTE (Martina Creo, Lúa Simal e Leticia Olveira).
En fin, que os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica do noso Centro seguen a manter unha boa liña neste concurso desde o seu inicio en 2006: primeiros en 2006; primeiros, segundos e terceiros en 2008; primeiros na fase estatal (con participación da Comunidade Valenciana) no mesmo ano; e, por fin, terceiros este ano.
A todos os alumnos: felicidades, moitas gracias e habémolo celebrar como corresponde. Máis información nesta web: www.seecgalicia.org/odisea.
De momento, botádelle unha ollada a estas fotografías:

lunes, 9 de febrero de 2009

Experimentum de Odyssea MMIX



Unha vez máis, o inverno que estamos a sufrir este ano deixounos sen clase hoxe. Mais o que sigue en pé é a nosa participación no desempate do concurso Odisea 2009, que se ha celebrar este mércores en Santiago.

Para facer ximnasia cerebral, practicade con estas preguntas con preguntón:



1. En latín: cámara subterránea de calefacción
2. Dano ós propios ollos
3. Traxedia atribuída a Eurípides
4. Personaxe cuxa tumba foi considerada unha das maravillas do mundo
5. Gramático latino mestre dun famoso poeta
6. Piar de pedra que servía de miliario ou de estela funeraria
7. Planta herbácea que pola forma das súas follas se chama cun cultismo grego "beizos de asno"
8. Antiga cidade de Macedonia no golfo Termaico
9. Símbolo químico do elemento de violáceo nome
10. Mulleres que asasinaron aos seus maridos na noite de vodas
11. Nas lendas romanas habitantes máis antigos da Italia central
12. Espía que os gregos deixaron en Troia



PREGUNTÓN:


Nome xenérico dos participantes na mutilación das estatuas de Hermes




viernes, 6 de febrero de 2009

Concurso Odisea 2009

Concluíu a fase final do concurso Odisea 2009, organizado pola Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC).
Como sabedes, os alumnos de Latín e Grego do noso Centro presentábanse encadrados en 9 grupos. Estes, xunto con outros 23 grupos de Institutos de toda Galicia, alcanzaron a máxima puntuación posible (77 pts.) ó respostar ás preguntas que a organización foi formulando a través da súa web o luns, martes, mércores e xoves desta semana. Polo tanto, como estaba previsto nas bases do concurso, será precisa unha fase de desempate, que terá lugar o vindeiro mércores día 10 entre as 16,30 e as 19,30. Segundo nos foi comunicado pola organización, os nosos grupos están citados para ese día e horas na cidade de Santiago de Compostela, probablemente nos centros IES Eduardo Pondal e IES Xelmírez I, aínda que esto último será confirmado a primeiros da semana que vén.
Pola nosa parte, a noraboa ós grupos clasificados, que son estes:

CORPVS DELICTI: Alba Castro, Merche Ferreirós, Iván Martínez
RARAE AVES: Rosa Fiuza, Cris Fernández, Sandra Fernández
SEQVERE ME: Marta Martínez, Javi Rey, Ana Del Río
FESTINA LENTE: Martina Creo, Lúa Simal, Leticia Olveira
ILLIC TV: Tamara Fernández, Ana Mayo, Máikel García

Estes rapaces realizarán o martes, veremos se pola mañá ou pola tarde, un ensaio. Máis detalles a partir do luns.


MINERVA SEMPER SIT NOBISCVM

sábado, 31 de enero de 2009

Varii Concursus



Rematou xa xaneiro e comeza febreiro en poucas horas. Para alumnos e profesor de latín do noso Centro, é época de concursos. Comezando polo doméstico, as respostas ás romanae quaestiones que vos propuxen este mes eran as seguintes:


1. Marco Tulio Cicerón (106-43 a.C.)
2. "A sorte está botada"
O río Rubicón
Unha guerra civil
3. A deusa Carmenta.




Só tres persoas contestaron ás preguntas a través do correo electrónico ou algún comentario. O seu premio será 0'33 puntos na nota final do presente trimestre. Parece unha cifra rara (éo), mais tomará todo o seu sentido cando deamos as notas da segunda evaluación. Os aplicados alumnos, que vos debían servir de exemplo, son:


1. Óscar Romero (1º BAC)
2. Mª Rosa Fiuza (2º BAC)
3. Belén Vara (2º BAC) [para ela só 0'22 puntos, pois contestou a unicamente 2 preguntas]




Por outra banda, e seguindo con concursos de preguntas e respostas, onte rematou o prazo para anotarse na edición deste ano do concurso Odisea 2008, organizado pola Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos. A competición empeza o vindeiro luns día 2 ás 9 da mañá. Os grupos inscritos do noso Centro e os seus compoñentes son os seguintes:

POTATORES EXQVISITI
Martínez Lago, Mario (2º)
Romero Martínez, Libertad (2º)
Romero Chouza, Óscar
CALAMO CVRRENTE
Vara López, Belén (2º)
Estévez Lago, Adela (1º)
Tajes Rama, Pepi (4º)
SEQVERE ME
Martínez Valle, Marta (2º)
Rey Valle, Javier (1º)
Del Río Fernández, Ana (1º)
ILLIC TV
Fernández Caamaño, Tamara (2º)
Mayo Fernández, Ana (1º)
García Caamaño, Miguel (1º)
CASVS BELLI
Cancela Lago, Estela (2º)
Lago Sendón, Gabriel (1º)
Romero Lago, Álvaro (1º)
CORPVS DELICTI
Castro Moreira, Alba (2º)
Ferreirós González, Mercedes (1º)
Martínez Jurjo, Iván (4º)
RARAE AVES
Fiuza Lago, María Rosa (2º)
Fernández Ferrer, Cristina (2º)
Fernández Fernández, Sandra (4º)
FESTINA LENTE
Creo Lago, Martina (2º)
Simal Rey, Lúa (1º)
Olveira Arcos, Leticia (1º)
BIS VINCIT QVI SE VINCIT
Rodríguez Caamaño, Lucía
Rodríguez Rodríguez, Manola


Moita sorte a todos, e a ver se algún dos grupos chega á fase final.
MINERVA PROPITIA VOBIS SIT