lunes, 22 de febrero de 2010

Traballos Cultura Clásica 4º ESO

Durante o pasado mes de xaneiro os tres alumnos e dúas alumnas de Cultura Clásica de 4º ESO (e tamén o seu profesor) expuxeron unha serie de traballos que elaboraron a partir da lectura de dous libros sobre a vida cotiá nas antigas Grecia e Roma.
A tarefa consistiu en comparar aqueles aspectos da vida diaria nas civilizacións clásicas cos usos e costumes actuais. Con isto pretendiamos averiguar canto do que facemos hoxe procede da Antigüidade. As conclusións que tiramos, como non podía ser doutra maneira, indicaban que conservamos hoxe en día moito máis do que criamos.
Testemuña das exposicións orais son as fotografías que podedes ver a continuación, e que tiraron os propios alumnos (a cámara debeuse á cortesía de Esteban Lago).


Proximamente amosarémosvos varias das presentacións expostas.

O QVAM DVLCE EST DISCERE!

jueves, 11 de febrero de 2010

Resultado do desempate do concurso Odisea 2010


Onte á tarde, entre as 16,30 e 19,30, celebrouse no noso Centro unha das fases do desempate do Concurso Odisea 2010, no que vimos participando desde que se creou.

Como sabedes, 7 dos 10 grupos que principiaron a competición conseguiron clasificarse para este desenlace, no que non tivemos tanta sorte como en anos anteriores, xa que non conseguimos ningún dos tres primeiros postos. Con todo, estamos satisfeitos do nivel de participación alcanzado, e eu, como profesor, non podo máis que agradecer a dedicación dos meus alumnos, sobre todo nun día como onte, no que a dificultade das preguntas era moi elevada: xa é un mérito o estar pegado ó ordenador e ós libros durante case tres horas para intentalo facer o mellor posible.
Non queremos tampouco esquecernos de felicitar ós tres equipos gañadores: a nosa sincera noraboa vai para vós. Cremos que entre todos cumprimos o obxectivo do concurso, que é facer un pouco máis presentes as nosas materias na vida dos nosos centros.

E, como non, felicitamos tamén á organización do concurso, porque sabemos que estas cousas, que dan moio traballo, se fan gratis et amore. Ademais, xusto é recoñecer que cada ano o fan mellor.

Esperamos ter, como mínimo, a mesma sorte o ano que ven.

GRATIAS MAXIMAS OMNIBVS VOBIS AGO

lunes, 8 de febrero de 2010

Desempate Odisea 2010


Rematou a primeira fase do Concurso Odisea 2010 e non nos podemos queixar, pois dos 10 equipos que inscribimos lograron clasificarse 7 para a fase de desempate. Noraboa, xa que logo, a FORTVNA VICTRIX (Camila, Marta e Amalia, de Latín de 4º), SVPERTAMARICAE (Elena, Paula e Isa, de Latín e Cultura Clásica de 4º), MVSAE AETERNAE (Ángela, Ánxela e Pepi, de Latín de 1º), STUDIVM GAVDII (Alba e Goretti, de Latín de 4º), SEMPER RIDENTES (Ana, María e Sara, de Latín de 4º), VICIOSILLOS DE ROMA (Iván, Sandra e Merche, de Latín de 1º e 2º BAC), e CALCEI ET PALLA (Álvaro, Maikel e Óscar, de Latín de 1º e 2º).

Segundo comunicou a organización, o desempate terá lugar o vindeiro mércores día 10 entre as 16,30 e as 19,30 e, en principio, os nosos grupos están convocados no noso propio Centro, polo que seguramente a SEEC enviará un responsable para vixiar o desenvolvemento da proba.

Como lembraredes, o desempate consistirá nun novo preguntón, no que será decisivo o tempo que se tarde en respostar, en caso de novo empate. A súa estructura será semellante ó do pasado xoves, polo que igual considerades oportuno practicar un pouco. Con esta idea déixovos aquí un "preguntón":

1. Poema burlesco que parodiaba á Ilíada

2. Maxistrado encargado da vixiancia dos mercados nas cidades na época helenística

3. En latín: praenomen dun poeta romano que acuñou o tópico do beatus ille

4. En latín: coñecida gens romana, un de cuxos membros ordenou desfacer un monte enteiro para levar a cabo o seu proxecto

5. Poema épico do s. VII a.C. cuxo título aludía á toma e saqueo de Trioa, e que non nos chegou

6. En Grecia: persoa que se dedica a preparar por escrito a defensa do cliente

7. En latín: revelación a cargo dos augures da vontade diviña favorable á atribución dos poderes de mando ao rex, durante o periodo monárquico de Roma

8. Pseudónimo da amada á que adicou os seus poemas un poeta do círculo de Mecenas que escribiu unha elexía a Ovidio cando éste morreu

9. Poeta grego castigado coa cegueira por difamar a un personaxe da lenda troiana

10. En latín: cidade baixo protectorado romano que caeu a mans dun xeneral cartaxinés, despois dun asedio de oito meses, a finais do s. III a. C.

PREGUNTÓN: Poeta grego (_ _ _ _ _ _ _ _ _ _)



FORTVNA ET SAPIENTIA VOBISCVM SINT!

lunes, 1 de febrero de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / V)

Neste mes de febreiro continuamos coa oferta de todos os anteriores e os vindeiros: queredes sumar ata 1 punto na nota deste trimestre? Pois contestade, sempre diante da supervisión do profe, ás seguintes preguntas:






Hai 2.o22 anos , o 12 de febreiro, morría un xeneral que foi o principal asesor militar e político dun home que cambiou as estructuras de goberno da Roma da súa época, e por tal motivo ata deu o seu nome ós seus sucesores. Tal era o aprecio que o segundo sentía polo primeiro, que chegou a nomealo herdeiro e mesmo o casou coa súa filla. E un dos monumentos máis espectaculares que perviven da Roma antiga leva, precisamente, o seu nome. Debedes conseguir o nome completo deste xeneral.






O mesmo día, 12 de febreiro, pero de 53 anos máis tarde, nacía un rapaz que estaba destinado, pola familia na que naceu, a herdar os títulos e os poderes de seu pai. Non obstante, morreu antes de tempo, e hai quen sospeita do principal beneficiado da súa morte: un medio irmán seu (axudado quizais pola súa nai). Cales eran os nomes respectivos destes dous rapaces e a qué título e poderes nos estamos a referir?






Uns 16 anos despois da morte do protagonista da primeira pregunta e 37 antes do nacemento do mencionado na segunda, (iso si, o 21 deste mes) morría tamén outro personaxe da mesma familia a consecuencia dunhas feridas de guerra sufridas no asedio dunha fortaleza en Armenia. Para non liar máis a cousa: como se chamaba o infortunado e que parentesco o unía co xeneral cuxo nome seguramente averiguaches na primeira cuestión?


BIS REPETITA PLACENT!

domingo, 31 de enero de 2010

Attendite, alumni Quarti Cursus Linguae Latinae!

Nesta presentación tedes resumido o traballo que fixemos na clase sobre as etimoloxías. Creo que vos vai servir para repasar estes contidos á hora do exame. Tede en conta que nos recadros vermellos de cada diapositiva se explica o tipo de evolución semántica que se produciu, que ven sendo o máis interesante do tema, non é?

Grupos Odisea 2010



Como sabedes, mañá comeza unha nova edición do concurso Odisea 2010, organizado pola Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos, e que se desenvolve a través da rede internet. Este ano contamos de novo cunha boa participación desde o noso centro. Velaquí os nosos 10 grupos participantes:


VICIOSILLOS DE ROMA

Iván Martínez (1º BAC)

Sandra Caamaño (2º BAC)

Merche Ferreirós (2º BAC)


CALCEI ET PALLA

Álvaro Romero (1º BAC)

Óscar Romero (2º BAC)

Maikel García (2º BAC)


PVLCHERRIMAE

Adela Lago (2º BAC)

Ana Del Río (1º BAC)

Lúa Simal (2º BAC)


SVPERTAMARICAE

Elena Fernández (4º ESO)

Paula García (4º ESO)

Isabel Verán (4º ESO)


MVSAE AETERNAE

Ángela Priegue (1º BAC)

Ánxela Sestayo (1º BAC)

Pepi Tajes (1º BAC)


CHURROS CON CHOCOLATE

Esteban Lago (4º ESO)

Tamara Cambeiro (1º BAC)

Noelia Rodríguez (1º BAC)


PVELLAE FESTIVAE

Alba Fernández (4º ESO)

Beatriz Caamaño (4º ESO)


SEMPER RIDENTES

María Caamaño (4º ESO)

Ana Maceiras (4º ESO)

Sara Romero (4º ESO)


STVDIVM GAVDII

Alba Figueroa (4º ESO)

Goretti Fernández (4º ESO)


FORTVNA VICTRIX

Camila Rodríguez (4º ESO)

Marta Hernández (4º ESO)

Amalia Fernández (4º ESO)



MINERVA VOBIS PROPITIA SIT!

martes, 12 de enero de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / IV)

Comezamos o novo ano coa mesma intención que os anteriores: honrar a herdanza de Roma e a súa lingua e, ó mesmo tempo, intentar facilitar o achegamento á Cidade Eterna e á civilización que produciu.
Na mesma liña traballa a Sección Galega da Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC), que ven de poñer en marcha, un ano máis, o concurso Odisea. Desde aquí convido a todos os alumnos de Latín, Grego e Cultura Clásica do IES Fontexería a participar neste certame, no que case sempre as deusas Fortuna e Minerva nos foron propicias. Para botarlle unha ollada ás bases, onde se explica o sistema de participación, velaquí tedes este enlace: Bases Concurso Odisea 2010.





E, como vimos facendo tamén desde o inicio deste curso, ofrecemos a posibilidade de sumar ata un punto na nota final do trimestre mediante o noso sistema de preguntas e respostas, precisamente inspirado no formado de Odisea. Estas son as cuestións que poderedes respostar durante o mes de xaneiro:








1. Hai 2.096 anos, cando comezaba a exercer por segunda vez o cargo máis importante da República romana, morría un importante xeneral, a quen moitos dos seus concidadáns lembraban con afecto por ter derrotado a dous pobos xermánicos e tamén a un rei africano. Quen era este xeneral, que cargo desempeñaba no momento da súa morte, e a que se debeu ésta?








2. Algo así como 58 anos despois do anterior, certo gobernante romano (o primeiro do seu xénero) decidía pechar as portas de certo templo, dedicado a un deus cuxa estatua sempre presentaba dúas caras. Quen foi o gobernante, de qué deus se trataba e qué significado tiña ese peche das portas?








3. Moito tempo despois, en concreto hai 1.615 anos, deixaba de existir un emperador romano (de orixe hispana, ademais) despois do cal xa nada foi igual para o Imperio, sobre todo porque tomou certa decisión en relación cos seus fillos. Queremos saber o nome do emperador, o dos seus fillos e, por suposto, cal foi esa decisión tan trascendental.








ANTIQVA ROMA VOBIS PROSIT ET DELECTET