Rematou o chuviñoso mes de febreiro, e no medio das augas algunhas alumnas (ningún alumno) foron quen de nadar para chegar á beira dos 0,33 puntos que se outorgan cada mes por respostar correctamente ás preguntas que aparecen neste blog. Foron Nerea, Gemma e Sabela, de 1º BAC; e máis Paty, Clara e Leti (esta só cun 0,22, que tamén suma), de 2º BAC.
Para elas e para todos os demais, velaquí as quaestiones deste mes de marzo:
O 1 de marzo de hai 1.976 ou 1.973
anos (no hai acordo na data) nacía en certa vila hispana un poeta romano que
obtivo moita sona pola súa habilidade para a composición de poemas moi breves
de contido satírico. De que poeta
falamos e en que vila naceu?
Cada 1 de marzo os romanos
celebraban unha festa na honra das mulleres casadas. Elas acudían ó templo de
certa deusa (situado no outeiro do Esquilino) que protexese os seus matrimonios
e os seus futuros embarazos (e partos). A
que festa aludimos, que deusa era venerada nelas e con que palabra nos
referimos en latín ás mulleres casadas
O 6 de febreiro de hai 2.026
anos certo persoeiro romano recibía o máis alto título da relixión romana. A
partir del, todos os Emperadores incluirían ese título entre os seus, e
hoxendía aínda existe un gobernante que o posúe, por telo herdado da Antiga
Roma. De que título se trata, que
gobernante actual aínda o ostenta e a que persoeiro romano aludimos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario