O pasado mes de marzo conseguiron os 0'33 puntos Nerea, Gemma e Saray (1º BAC), e tamén Paty, Clara e Leti (2º BAC).
Para elas e para todos os demais, velaquí a sétima ocasión de sumar décimas á súa nota final de trimestre, que será o derradeiro deste curso.
I. O 4 de abril de hai 1.826
anos nacía en Lyon un Emperador que, nada máis suceder ó seu pai, ordenou o asasinato
do seu propio irmán, que fora nomeado co-Emperador. Aparte disto, pasou á
historia pola construcción dunhas enormes Termas en Roma, e tamén por extender
a cidadanía romana a todos os habitantes masculinos libres do Imperio. Quen era este Emperador, e como se chamaban
o seu pai e o seu irmán?
II. Cada 4 de abril, e durante 7 días,
os romanos celebraban unhas festas na honra de certa deusa, na que os seus
sacerdotes levaban a súa imaxe en procesión polas rúas da cidade; ía sentada
nun carro tirado por leóns, ó son de címbalos, flautas e tambores, e no medio
de estridentes alaridos. Eran típicos destas festividades tamén os espectáculos
teatrais. De que deusa estamos a falar,
onde tiña o seu templo en Roma, como se chamaban estas festas e con que nome
eran coñecidos os seus sacerdotes?
III. 214 anos despois do nacemento
mencionado na primeira quaestio, un
xeneral romano vencía a un rei visigodo, que en tempos fora aliado do Imperio
Romano. Como resultado da batalla, a muller e os fillos do rei xermánico foron feitos
prisioneiros. Cómpre averiguar o nome do
xeneral romano, o do rei visigodo, e o da batalla.
No hay comentarios:
Publicar un comentario