Co remate do mes de outubro finalizou tamén a primeira oportunidade para que os alumnos de Latín do IES Fontexería sumasen 0,33 puntos á nota final do trimestre. Só Nerea, Gemma e Sabela (2º BAC) estiveron atentas.
Co mes de novembro reiteramos a oferta: 0,33 puntos por respostar correctamente a estas tres preguntas, para o que se dan unhas boas pistas:
I. Hai
1.999 anos, o 6 deste mes, nacía en Roma unha rapaza que logo sería moi
importante na evolución da primeira dinastía de Emperadores
romanos: sobriña do segundo Emperador desa familia, irmá do
terceiro, esposa do cuarto e nai do quinto. De
que muller e Emperadores falamos?
II. O
8 de novembro, 78 anos antes, un importante político e orador romano
pronunciaba diante do Senado o primeiro dunha serie de discursos nos
que descubría unha conspiración destinada a dar un golpe de Estado.
Segundo se nos conta, o líder da conxura estaba presente cando os
seus plans foron revelados publicamente. De
que dous homes estamos a falar?
III. Durante
a celebración dos Xogos Plebeios, o 13 de novembro, certo colexio de
sacerdotes organizaba, no nome da plebe, un banquete público na
honra do deus a quen se consagraban os devanditos xogos. Unha imaxe
do propio deus (a quen acompañaban outras dúas, de senllas deusas)
era levada ó banquete. O
deus protagonista “comía” recostado nun diván e as dúas deusas
sentadas. Como se
chamaba o colexio de sacerdotes e a que deuses nos referimos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario