E velaquí, por suposto, as Romanae Quaestiones do mes de decembro:
I. Hai 1.980 anos nacía unha
persoa que cos anos se convertiría nun dos máis sobranceiros representantes dun
xénero poético que os romanos consideraban como autóctono, non importado -como
todos os demais- de Grecia. Foi compañeiro de estudios doutro autor que compuxo
un poema épico dedicado a unha guerra civil entre romanos. De que dous literatos e de que epopeia estamos a falar?
II. 91 anos antes do nacemento
mencionado na quaestio anterior,
morría o que máis tarde sería considerado máis grande orador romano. Quen era, quen dou a orde de asasinalo e
quen a executou?
III. Finalmente, 22 anos antes do crime
descrito na segunda pregunta, nacía outro poeta, contemporáneo e amigo do
considerado máis grande autor en lingua latina, que cultivou unha serie de
xéneros líricos; a xuízo da crítica, ningún outro escritor romano o iguala nos
logros que conseguíu nese tipo de composicións. Quen son os dous xigantes da literatura latina
mencionados?
No hay comentarios:
Publicar un comentario