Estamos nas Kalendae do mes de outubro (día 1, no noso calendario).
Iso quere dicir que chegou o tempo de ofrecer ós alumnos de Latín de todos os cursos a posibilidade de aumentar ata en 1 punto a nota global do trimestre.
Para iso haberá que atopar, correcta e puntualmente, as respostas ós pequenos enigmas que mensualmente aparecerán neste blog. Hanvos axudar habilidades básicas: saber sumar, restar e, sobre todo, buscar axeitamente na rede.
Estes son os enigmas correspondentes a este mes de outubro:
I. Hai 2.220 anos, o 6 de outubro, un
exército romano sufríu a perda de 80.000 soldados fronte a unha coalición de
inimigos estranxeiros. Esta desfeita trouxo como consecuencia unha
reorganización das forzas militares romanas, co fin de facelas máis
profesionais. Con que nome se coñece a
batalla, que pobos derrotaron nela ós romanos e quen foi o artífice da reforma
do exército?
II. O mesmo día, o 6 de outubro, 509 anos despois, morría
certa dama de moito carácter, esposa dun Emperador romano, sobre o que exerceu
moita influencia. De que Emperador e
Emperatriz estamos a falar?
III. E de novo un 6 de outubro, 385 anos antes da morte da
dona mencionada na quaestio anterior
-e 124 anos logo da gran derrota romana citada na primeira quaestio-, morría en Siria un persoeiro moi querido polo pobo
romano, sobriño do daquela Emperador; de feito, moitos sospeitaron que o propio
Emperador o mandara envenenar por envexa da súa popularidade. Como se chamaban estes tío e sobriño?
AVDACES (ET TENACES) FORTVNA ADIVVAT
No hay comentarios:
Publicar un comentario