Vén de rematar o mes de outubro, e só unha persoa, Iván (2º BAC), aproveitou a ocasión de sumar 0,33 puntos á súa nota final do trimestre. O resto dos alumnos aínda poden coller este tren: por iso, velaquí as preguntas do mes de novembro:
I. O 16 de novembro de hai 2.055
anos nacía un persoeiro que chegaría a ser Emperador, por moito que o seu
antecesor non pensara nel como herdeiro. Xa na época rumoréabase que fora a súa
nai quen dispuxera todo para que el chegara ó poder. Unha vez nel, xa cos seus
anos, foi pouco a pouco abandonando os labores de goberno para disfrutar dun retiro
privado, no que se dicía que daba renda solta a múltiples perversións sexuais. De que Emperador falamos e como se chamaba
a súa nai?
II. O 17 de novembro, 51 anos despois do
nacemento anterior, producíase outro, e tamén se trata dun futuro Emperador.
Neste caso, inaugurou unha nova dinastía, e ademais deixou unha boa lembranza
nos seus contemporáneos, segundo nos contan, sobre todo por contraste co
goberno do seu antecesor. Tamén se di del que quixo morrer de pé. Quen son os dous Emperadores a que nos
referimos?
III. E o mesmo día, 369 anos despois do
nacemento do protagonista da segunda quaestio,
morría outro Emperador. Neste caso, os seus contemporáneos tamén nos din del
que era de bo carácter: xa cristián, amosouse tolerante cos paganos, a pesar de
ter sido desterrado polo seu antecesor por negarse a celebrar sacrificios na
honra dos deuses tradicionais romanos. De
novo, cales son os dous Emperadores a que aludimos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario