Entramos no derradeiro mes do ano.
No mes que ven de rematar só un alumno (Iván, de 2º BAC) aproveitou a ocasión para sumar 0,33 puntos á nota final do trimestre; e vai por bo camiño para sumar 1 punto, pois xa fixo o mesmo no mes de outubro.
Para el, e tamén para todos os que queiran, velaquí as Romanae Quaestiones do mes de decembro:
I. Hai 2.015 anos Roma pasaba por período de
grande axitación política e social. Neste contexto, dous cargos públicos (un
tribuno da plebe e un pretor) foron asasinados no decurso duns disturbios que
tiñan que ver coa loita pola primacía de dúas faccións políticas. De que dous persoeiros estamos a falar e
con que nomes se coñecen as dúas faccións mencionadas?
II. Cada 11 de decembro
celebrábase en Roma unha festa mediante a que se conmemoraba a unión de varios
poboados latinos, cada un dos cales ofrecía un sacrificio ós deuses. Con que nome coñecemos esta festa?
III. O mesmo día tamén tiña
lugar outra celebración. Neste caso, sacrificábase un animal na honra dun deus
moi luminoso, a quen deste xeito se pedía que o vindeiro ano non se esquecese
de brillar e quentar a terra para favorecer as colleitas. A que deus se honraba nesta festa e como se chamaba a celebración?
No hay comentarios:
Publicar un comentario