Rematou xaneiro e comezou febreiro. En xaneiro só Iván e Aldara (2º BAC) sumaron 0,33 puntos cada mes para, a final de trimestre, totalizar 1 punto que engadir á súa nota.
Para eles dous, e para todos os demais, que están perdendo unha irrepetible oportunidade cada mes, velaí van as Romanae Quaestiones de febreiro:
I. Todos os anos, cada 13
de febreiro, e durante 9 días, celebrábanse en Roma unhas festas relixiosas de
carácter funesto: suspendíase toda actividade política, non se producían
matrimonios, e ademais pechábanse todos os templos. A que festividade nos referimos e quen era honrados nelas?
II. Cada 15 de febreiro
tiña lugar en Roma outra celebración relixiosa. Comezaba co sacrificio dunha
cabra nunha cova situada no outeiro do Palatino; a seguir, os sacerdotes
encargados do rito, coa cara manchada co sangue da víctima e case nus, saían a
correr polas rúas da cidade e golpeaban, cunhas correas feitas coa pel da mesma
cabra, a todo aquel que se poñía por diante, especialmente ás mulleres. Como se chamaba esta festa e porque as
mulleres recibían gustosas os correazos?
III. O 17 de febreiro de hai
1.652 anos morría un Emperador que fora proclamado só 8 meses antes. O
seu antecesor morrera en plena expedición contra un inimigo estranxeiro, e por
iso o novo gobernante tivo que asinar un pacto polo cal Roma perdía certas
posesións. De que dous Emperadores
estamos a falar e cal era o inimigo ó que se enfrontaron?
No hay comentarios:
Publicar un comentario