domingo, 14 de febrero de 2016

Desempate Odisea 2016

Logo de rematado o Concurso Odisea 2016, estamos moi ledos de anunciar que os participantes do noso Centro obtiveron uns resultados máis que aceptables, segundo a clasificación definitiva (pódese consultar aquí):

Grupo A CRISÁLIDA DE AIRE (Marta, María e Noemí): 85 ptos. - máxima puntuación
Grupo TEMPVS ABDOMINALE (Brais e Isma): 85 ptos. - máxima puntuación
Grupo ATHENA VICTRIX (Allende, David e María): 40 ptos.
Grupo ROMAC (Isaac e Sara): 35 ptos.

Os grupos A CRISÁLIDA DE AIRE e TEMPVS ABDOMINALE lograron a máxima puntuación, xunto con outros catro grupos (entre 379 participantes de toda Galicia). Segundo prescriben as bases do concurso, haberá un desempate o vindeiro mércores día 17, e nel só pode participar un grupo por cada Centro: tamén segundo as bases, aquel que empregase menos tempo en responder ás preguntas dos catro días anteriores. No caso do IES Fontexería, o grupo clasificado é A CRISÁLIDA DE AIRE.

Despois de contactar coa organización do Concurso (á que unha vez máis, felicitamos polo labor realizado), o noso Centro acollerá unha parte do desempate, na que participarán A CRISÁLIDA DE AIRE e máis o grupo UBER, do IES Valga, que, por medio do seu profesor responsable, aceptou desprazarse ata Muros.

Como profesor, estou moi orgulloso dos meus alumnos, tanto os que van participar no desempate (Fortuna vos iuvet!) como os que tomaron parte no Concurso.

Así que a tarde do mércores, de 17 a 20 h, será moi, pero que moi emocionante para nós.


No hay comentarios:

Publicar un comentario