Co final do mes de xaneiro rematou tamén a primeira oportunidade do trimestre para que os alumnos de Latín do IES Fontexería sumasen 0,33 puntos á súa nota final. Esta ocasión foi aproveitada por Ana, Paula F., Camino, Paula I. (4º ESO), e máis por Isaac e Sara (2º BAC).
Para eles, e para todos os demais, aquí están as quaestiones do mes de febreiro.
I. O 21 de febreiro de hai 2.014
anos morría o neto dun Emperador, a quen o seu avó nomeara sucesor tras a morte
do pai do rapaz (que non era fillo do gobernante). A causa do pasamento foron
as feridas que o protagonista da nosa quaestio
recibira no asedio dunha cidade oriental. Queremos o nome do rapaz, o do seu pai, o do avó, e tamén o da cidade.
II. Cada 23 de febreiro os romanos
celebraban unhas festas relixiosas na honra dun deus moi importante para as
propiedades agrícolas. Grupos de veciños reuníanse para adornar con flores
certas pedras, que logo eran rociadas co sangue dun año ou un porco
previamente sacrificado. Con que nome se
coñecían estas festas e a que deus estaban consagradas?
III. O 24 de febreiro, 297 anos despois
da morte aludida na primeira quaestio,
un Emperador promulgaba un edicto que cambiaba a situación relixiosa dos
súbditos do Imperio: a partir de entón, só se podía practicar publicamente unha
relixión. Cal era ese culto e quen foi o
Emperador responsable da medida?
No hay comentarios:
Publicar un comentario