Un ano máis, a Sociedad Española de Estudios Clásicos (SEEC), a través de diferentes seccións territoriais, pón en marcha o concurso Odisea, co que se pretende, durante uns días, que a Grecia e Roma antigas sexan un pouco protagonistas da vida dos centros.
Desde os inicios do concurso, hai xa 12 anos, o alumnado de Latín, Grego e Cultura Clásica do IES Fontexería ten participado asiduamente.
Este curso, o período de inscrición leva aberto desde o 30 de novembro, e remata o 5 de febreiro (o concurso comeza o 6 de febreiro)
Este curso, o período de inscrición leva aberto desde o 30 de novembro, e remata o 5 de febreiro (o concurso comeza o 6 de febreiro)
Como cada ano, o profesor responsable deste blog anima ós seus alumnos a se inscribir e participar neste concurso, que nos parece unha moi loable iniciativa, pola que felicitamos sinceramente ós seus promotores e organizadores, que cada ano fan un gran traballo.
O sitio web coas bases e o formulario para a inscrición estan aquí:
No hay comentarios:
Publicar un comentario