lunes, 1 de enero de 2018

ROMANAE QVAESTIONES IV (MMXVII-MMXVIII)

Cambiamos de ano, pero non de curso. O mes de xaneiro é o primeiro do segundo trimestre, e a conta para sumar décimas á nota final do mesmo comeza de cero.

Seguindo a mesma mecánica dos tres meses anteriores, velaquí as Romanae Quaestiones de xaneiro:


I. Hai 1.619 anos, o 17 de xaneiro, morría en Milán un Emperador de orixe hispana. Pasou á historia por dúas razóns, sobre todo: foi o derradeiro gobernante que mantivo o Imperio unificado e fixo oficial certa relixión. De que Emperador e relixións estamos a falar?



II. 447 anos antes do falecemento citado na quaestio anterior, producíase outro, esta vez o 20 de xaneiro. O finado fora un político que destacara por empregar bandas paramilitares para, mediante o medo, influír nas eleccións ós principais cargos públicos da República romana. O problema foi que lle xurdíu un competidor, co que mantivo fortes enfrontamentos durante tres anos. Finalmente, no decurso dunha liorta na Vía Appia, producíuse o asasinato do protagonista desta quaestio; os seus partidarios levaron o cadáver ó Foro Romano para incineralo, co resultado de que o incendio se estendeu a varios edificios. A que dous violentos políticos nos referimos?


III. Finalmente, 93 anos despois do asasinato descrito na anterior pregunta, morría, tamén de forma violenta, un Emperador, famoso pola súa inconstancia de carácter e mesmo tolemia, nos seus derradeiros anos. O magnicidio foi a culminación dunha conxura que implicaba a varios senadores, e que aproveitaron un momento no que o Emperador se afastaba da súa escolta de soldados xermánicos á saída dun espectáculo. Quen era o Emperador e que senador encabezou a conspiración para asasinalo?
 



No hay comentarios:

Publicar un comentario