Camiñamos cara a metade do trimestre, e seguimos a ruta que leva a facer medrar a nota final do trimestre de todo aquel que así o desexe.
Estas son as preguntas correspondentes ó mes de febreiro:
I. Cada 24 de febreiro os
romanos celebraban un feito moi importante na súa historia, que aconteceu hai
hoxe 2.527 anos, e que supuxo un cambio na súa forma de goberno: rematou
un réxime e comezou outro, que duraría aproximandamente 500 anos. Con que nome coñecían os antigos romanos
esta celebración e a que cambio de réxime aludimos?
II. 720 anos despois do
suceso mencionado na quaestio
anterior, o 26 de febreiro, morría un Emperador, tras exercer o cargo durante
un único ano. Tiña a particularidade de que gobernara asociado co seu irmán,
que precisamente ordenou o seu asasinato. Averigua
de que dous irmáns estamos a falar, distinguindo entre asasino e asasinado.
III. 63 anos despois do
homicidio citado na pregunta anterior nace, o 27 de febreiro, un rapaz que
chegaría a ser Emperador, e que cambiaría Roma en moitos aspectos, dos que
destacamos dous: fundou unha cidade á que trasladou a capital do Imperio, e
tomou unha importante decisión relixiosa. De
que Emperador, cidade e medida relixiosa falamos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario