Con decembro remata o trimestre, e tamén o ano natural. Pero aínda non é tarde para engadir, como máximo, 0,33 puntos á nota final do trimestre, repondendo correctamente ás preguntas que propoñemos a seguir:
I. Hai 2.236 anos, o 1 de decembro, un xeneral
estranxeiro, que había pouco puxera os pés en Italia atravesando os Pirineos e
os Alpes, derrotaba ós romanos na primeira de varias batallas nas que poñería a
Roma ó bordo do colapso, aínda que finalmente, anos despois, perdería a guerra.
De que xenio militar estamos falando e a
que batalla aludimos?
II. Cada primeiro de decembro os romanos celebraban
unha festa relixiosa na honra da filla primoxénita (a pesar de que a romana era
unha sociedade na que o poder masculino era omnímodo). A deusa honrada nesta
ocasión era moi venerada por todos os romanos, e mesmo Xulio César tiña sona de
serlle moi devoto. De que festa se
trata?
III. O día 3 de decembro, 156 anos despois da batalla
mencionada na primeira quaestio, estouraba en Roma un escándalo relixioso: un
home participara, disfrazado de muller, nuns ritos relixiosos reservados
exclusivamente a mulleres. Os rumores dicían que o fixera en colaboración coa
esposa dun importante político da cidade, coa que se sospeitaba que mantiña
unha relación adúltera. De que
celebración relixiosa falamos, e como se chamaban o seus dous profanadores
(home e muller), ademais do esposo supostamente traizoado?
No hay comentarios:
Publicar un comentario