Para iso, como cada mes. aquí están as Romanae Quaestiones:
I. O 19 de marzo, hai 1.784
anos, morría, no curso dunha campaña militar contra os xermanos, certo
Emperador romano. Mais non foi en combate contra o inimigo: os seus propios
soldados, descontentos por como se desenvolvían as operacións, asasinárono,
xunto coa súa nai. Como se chamaban o
Emperador e a súa nai?
II. Cada 19 de marzo, en
Roma celebrábase un ritual que consistía en purificar relixiosamente as armas
que se ían usar na seguinte temporada de guerras. Con que nome coñecemos esta festa?
III. O mesmo día, cada ano,
os romanos festexaban algo ben diferente: escolares e artesáns celebraban en
familia unha festividade durante cinco días, nos que se intercambiaban
agasallos e invitacións a comer. Para o público en xeral tiñan lugar
espectáculos de gladiadores (agás o primeiro día). Como se chamaban estas festas e na honra de que deuses se celebraban?
No hay comentarios:
Publicar un comentario