Decembro é o derradeiro mes do ano, pero, en relación co curso académico, só marca o remate do primeiro trimestre. Polo tanto, as preguntas que se ven máis abaixo constitúen a oportunidade final de sumar puntos á nota final deste período:
I. Hai 1.985 anos nacía
unha persoa que cos anos se convertería nun dos máis sobranceiros
representantes dun xénero poético que os romanos consideraban como autóctono,
non importado -como todos os demais- de Grecia. Foi compañeiro de estudos
doutro autor que compuxo un poema épico dedicado a unha guerra civil entre
romanos. De que dous literatos e de que
epopeia estamos a falar?
II. 91 anos antes do nacemento
mencionado na quaestio anterior,
morría o que nos séculos posteriores sería considerado como o máis grande
orador romano. Quen era, quen deu a orde
de asasinalo e quen a executou?
III. Finalmente, 22 anos
antes do crime descrito na segunda quaestio, nacía outro poeta, contemporáneo e
amigo do considerado máis grande autor en lingua latina, e que cultivou unha
serie de xéneros líricos; a xuízo da crítica, ningún outro escritor romano o
iguala nos logros que conseguiu nese tipo de composicións. Quen son os dous xigantes da literatura latina mencionados?
No hay comentarios:
Publicar un comentario