Comeza un novo ano, e con el o segundo trimestre do curso, no que segue vixente a oportunidade mensual de incrementar a nota final do mesmo.
Velaquí as pequenas investigacións propostas para este mes:
I. O 28 de xaneiro, hai 1.922
anos morría, de morte natural, un Emperador que gozara do cargo moi pouco
tempo, pero que supuxera un alivio en contraste co seu antecesor, que
protagonizara un réxime de terror. Por outra banda, os seus sucesores
inauguraron unha dinastía que pasa por ser a que levou a Roma ó seu maior
esplendor. De que Emperador falamos,
como se chamaba o seu antecesor, e que dinastía principiou despois del?
II. 89 anos antes do
pasamento mencionado na quaestio
anterior, un Emperador inauguraba o 30 de xaneiro un gran altar na zona de Roma
coñecida como Campo de Marte, ás beiras do Tíber e xusto a carón do seu propio
mausoleo. O monumento quería celebrar a ausencia de guerras da que Roma levaba gozando xa varios anos, un logro que o devandito Emperador se apuntaba. Con que nome se coñece, en latín, este
altar, e de que Emperador falamos?
III. Por último, 22 anos
antes da morte referida na primeira pregunta, nacía en Hispania, tamén o 30 de
xaneiro, un rapaz que anos máis tarde chegaría a ser Emperador. O xuízo que os
seus contemporáneos deron del é moi positivo: moi culto e con fama de xusto,
viaxou moito por todo o Imperio, deténdose especialmente en Atenas, que coñeceu
uns anos dourados debido ás inversións que este gobernante realizou para
restaurar varios edificios. De que
Emperador estamos a falar e con que nome se coñece hoxe o mausoleo no que está
soterrado en Roma?
No hay comentarios:
Publicar un comentario