I. Hai 2.032 anos, o 12 de febreiro, morría en
Roma un importante persoeiro da política romana. Fora o principal amigo e
colaborador do primeiro Emperador, sobre todo en asuntos militares, ata o punto
de que chegou a ser considerado como sucesor; para iso, ademais, casara coa
filla do seu amigo. De que dous
persoeiros estamos a falar?
II. 53 anos despois da morte referida na quaestio anterior, tamén o 12 deste mes,
nacía un rapaz que, por ser fillo de Emperador, estaba destinado a selo el
tamén, se non fose porque a súa madrasta -por certo, sospeitosa de asasinar o
Emperador mediante unha cea a base de cogumelos-, influíu para que o fillo dela
ocupase o seu lugar. Queremos o nome do
Emperador, a súa esposa, o sucesor previsto e o sucesor real.
III. O 13 de febreiro, 516 anos antes do nacemento ó
que aludiamos na pregunta anterior, producíase un feito que parece máis lenda
que real: unha familia romana ofreceuse para encargarse ela soa da guerra que
Roma mantiña contra a cidade que daquela era a capital de Etruria. Segundo
parece, os 306 membros desa familia (todos menos un, que quedara en Roma debido
á súa curta idade), morreron nunha emboscada. A que familia nos referimos e como se chamaba a cidade rival de Roma
nesta guerra?
No hay comentarios:
Publicar un comentario