O 5 de xuño, hai 2.479 anos,
era inaugurado en certo outeiro de Roma un templo dedicado a unha divinidade
encargada de velar polos xuramentos. Como
se chama o deus, en que outeiro estaba o seu templo e que persoeiro levou a
cabo esta iniciativa?
Avete, navigatores. Hoc est blog materiae linguae Latinae Muradani Lycei "Fontexería". Hic multa de linguae Latinae alumnis eorumque magistro Adefonso, etiam de eorum labore invenies: nuntios imaginesque, tuis laboribus auxilia, facta et dicta memorabilia historiae vitaeque Romanae, et cetera. Speramus ut utile gratumque vobis sit.
lunes, 1 de junio de 2015
ROMANAE QVAESTIONES IX (MMXIV-MMXV)
Xa rematou maio, e con el a penúltima ocasión de aumentar a nota final do trimestre en 0,33 puntos. E co derradeiro mes do curso ven tamén a oportunidade final. Animádevos, e facede como Iván (1º BAC), Nerea (2º BAC) e Gemma (2º BAC), que respostaron ás quaestiones do mes anterior. Velaquí as deste mes de xuño:
O 8 de xuño, 251 anos despois da
inauguración do templo aludido na quaestio
anterior, entraba en servizo outro, neste caso como ofrenda para gañar o favor
de dúas divinidades logo dunha gran derrota dos exércitos romanos a mans dun
inimigo estranxeiro. A que deuses se
dedicou ese templo, con que nome coñecemos a batalla perdida polos romanos e de
que inimigo se trataba?
433 anos despois da batalla
mencionada na segunda pregunta, o 8 de xuño, tivo lugar outra. Nela as tropas
dun Emperador foron vencidas polas que apoiaban a un candidato ó trono que, por
conseguinte, o sustituíu no poder. Ós poucos días, o gobernante derrotado foi
capturado e executado. De que dous
Emperadores falamos e con que nome se coñece a batalla que libraron?
lunes, 4 de mayo de 2015
Colleen McCullogh e a súa gran serie de novela histórica sobre a Antiga Roma
Colleen McCullough, escritora australiana falecida o pasado mes de xaneiro, deixounos un colosal traballo de novela histórica ambientada na Antiga Roma, e máis concretamente sobre o século final da República romana. Nada menos que sete novelas: unha heptaloxía (que comezou sendo unha pentaloxía, logo ampliada), publicada orixinalmente entre 1990 e 2007.
Levoume máis de un ano lelos todos, pero a experiencia pagou a pena. McCullough fixo un excelente traballo de documentación, e ademais esforzouse por trazar un retrato psicolóxico profundo de cada un dos personaxes principais. De seguro non saberemos nunca con exactitude como eran Sila, Mario, Pompeio, César, Catón, Servilia, Bruto, Marco Antonio, Cleopatra, Octavio... Mais resulta agradable imaxinar a estes persoeiros tan coñecidos da historia romana tal e como nolos pinta a escritora.
Para quen queira achegarse á lectura destes sete libros, damos aquí unha pequena guía:
- El primer hombre de Roma (Planeta, 2007): Ten como núcleo a loita entre Lucio Cornelio Sila e Gaio Mario por ser a figura dominante da política romana.
- La corona de hierba (Planeta, 2007): Continúa a pugna entre Mario e Sila, xa maduros, e nara tamén a irrupción dunha xeración máis nova que reclama o seu lugar no poder.
- Favoritos de la Fortuna (Planeta, 2007): Aborda os anos de adolescencia e formación da forte personalidade de Xulio César.
- Las mujeres de César (Planeta, 2007): Céntrase entre os anos 63 e 58 a.C., nos que Xulio César comeza seriamente unha traxectoria encamiñada a se converter no Primeiro Home de Roma.
- César (Planeta, 2007): A escritora fabula sobre o período entre 54 e 48 a.C., ata chegar ó limiar da Guerra Civil entre César, por unha banda, e Pompeio e a oligarquía senatorial, pola outra.
- El caballo de César (Ediciones B, 2006): Abrangue desde a derrota de Pompeio e a estancia de César en Exipto, pasando polo seu asasinato, ata a derrota e morte de Casio e Bruto na batalla de Filipos.
- Marco Antonio y Cleopatra (Ediciones B, 2008): Como o seu título indica, pon o foco sobre estes dous personaxes, ó tempo que relata a ascensión de Gaio César Octaviano (máis tarde coñecido como Augusto) ó poder, dun xeito que cambiará o réxime político romano.
Todas estas novelas manteñen un pulso narrativo uniforme, cohesionando ben personaxes e feitos históricos. Quizais na derradeira se note algo de cansazo por parte da escritora, pois os retratos dos personaxes son algo máis simples. En todo caso, a quen lle guste a narrativa histórica, e sobre todo aquela que escolle como escenario o Mundo Antigo, non debe perdelas.
ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA ROMA
ROMANAE QVAESTIONES VIII (MMXIV-MMXV)
Rematou o mes de abril (con chuvia, igual que empezou maio). Só quedan dúas oportunidades para sumar 0,33 puntos mensuais á nota final do trimestre (1 punto en total). A ocasión do mes pasado só a aproveitaron Nerea, Gemma e Sabela (2º BAC). Por certo, que para 2º BAC este mes puntúa o dobre (0,66), xa que o seu curso non chega a xuño.
Pois estas son as quaestiones do mes de maio; mes no que, dito sexa de paso e sen que veña a contoo, os romanos non casaban, pois consideraban que traía mala sorte:

Pois estas son as quaestiones do mes de maio; mes no que, dito sexa de paso e sen que veña a contoo, os romanos non casaban, pois consideraban que traía mala sorte:
I. O 4 de maio de hai 2.025 anos
un Emperador inauguraba un teatro que se comezara a construír en tempos do seu
tío avó, e que non se rematara ata dous anos antes. O edificio foi dedicado ó
seu sobriño e xeno, en quen este gobernante depositara grandes esperanzas de
que o sucedese no poder. Como se
chamaban as tres persoas implicadas na construcción deste teatro e con que nome
coñecemos ese edificio?
II. Cada 9, 11 e 13 de maio celebrábanse
en Roma unhas festas relixiosas moi particulares. Cada pai de familia erguíase
a medianoite para cumprir unha serie de ritos, entre os que se incluía o de
guindar ás súas costas unha manchea de fabas negras, para despois golpear algún
obxecto de bronce. Como se chamaban
estas festas e que obxectivo se perseguía nelas?
III. O 10 de maio, 249 anos despois da
inauguración do edificio mencionado na primeira quaestio, morría un Emperador, asasinado, como tantos outros, a
mans dos seus propios soldados, mentres participaba no asedio dunha cidade do
nordeste italiano, famosa por ter sido durante moitos anos unha importante sede
militar. De que Emperador e cidade
estamos a falar?
lunes, 6 de abril de 2015
National Geographic e Roma
A revista da National Geographic Society fainos un fermoso agasallo neste mes de abril.
O seu número ordinario inclúe unha moi interesante reportaxe sobre a Columna Traxana: nel podemos saber os motivos da súa erección, o xeito como se construíu, e varias teorías interpretativas sobre o releve en espiral que a cobre. Todo acompañado dunhas ilustracións coa calidade propia desta revista.
Ademais, nun número especial, NGS ofrécenos un completo estudio sobre a cidade de Roma ó longo da Historia: desde a súa fundación, pasando polo seus momentos de esplendor e decadencia (Idade Antiga e Idade Media), ata chegar á Idade Moderna e Contemporánea. Nesta revista recóllense diferentes artigos que, en xeral, fan moi recomendable a súa lectura.
Como complemento, na web de NGS pódese ollar un video sobre a Columna Traxana.
Unha ledicia, vaia.
Un blog interesante: imperioromano.com
No blog imperioromano.com pódese atopar información interesante sobre varios aspectos da civilización romana antiga.
Por iso recomendamos a súa visita, e tamén o engadimos á lista de enlaces da esquerda do noso blog.
Por iso recomendamos a súa visita, e tamén o engadimos á lista de enlaces da esquerda do noso blog.
ROMANAE QVAESTIONES VII (MMXIV-MMXV)
A piques de comezar o derradeiro treito do curso, ofrecemos este mes de abril unha nova ocasión de aumentar nun 0,33 a nota final do trimestre (ata 1 punto no global do mesmo). Para iso, como cada mes, haberá que atopar as respostas ás seguintes quaestiones sobre a civilización romana:
I. O 8 de abril de hai 2.067
anos celebrouse en Roma o proceso contra un político acusado de provacar serios
disturbios na cidade, sobre todo en época de eleccións. Foi defendido polo máis
famoso orador romano, cun discurso que hoxe conservamos nunha versión
reelaborada polo propio autor. Como se
chamaban o político, o seu defensor, e con que título coñecemos o devandito
discurso?
II. O mesmo día, 198 anos despois, nacía
en certa cidade do norte de África un rapaz que chegaría a ser Emperador, e que
mesmo ía fundar unha nova dinastía, poñendo fin a unha época na que o cargo de
máximo gobernante do Imperio era un seguro de morte temperá. O eixo da súa
política foi o reforzamento do poder militar, cunha xefatura forte en mans do
Emperador. De quen estamos a falar e en
que cidade naceu?
III. Precisamente o mesmo día, 71 anos
despois, morría asasinado por un dos centurións da súa garda persoal un
Emperador da dinastía fundada polo protagonista da anterior quaestio. A que Emperador nos referimos?
lunes, 23 de marzo de 2015
Nuntiationes ad Quartum Cursum
Como vos prometín, aquí tedes as notas do exame que fixemos esta mañá. Os vosos nomes figuran só coas iniciais para protexer a vosa privacidade.
Para as notas finais do trimestre, falamos mañá. Iso si: un AVISO
URXENTE para U. M. T.: se non fas os cuestionarios que che faltan (e
tes ata esta noite para facelos), suspendes o trimestre.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




