Xa rematou maio, e con el a
penúltima ocasión de aumentar a nota final do trimestre en 0,33 puntos. E co derradeiro mes do curso ven tamén a
oportunidade final. Animádevos, e facede como
Iván (1º BAC), Nerea (2º BAC) e Gemma (2º BAC), que respostaron ás
quaestiones do mes anterior. Velaquí as deste mes de xuño:
O 5 de xuño, hai 2.479 anos,
era inaugurado en certo outeiro de Roma un templo dedicado a unha divinidade
encargada de velar polos xuramentos. Como
se chama o deus, en que outeiro estaba o seu templo e que persoeiro levou a
cabo esta iniciativa?
O
8 de xuño, 251 anos despois da
inauguración do templo aludido na quaestio
anterior, entraba en servizo outro, neste caso como ofrenda para gañar o favor
de dúas divinidades
logo dunha gran derrota dos exércitos romanos a mans dun
inimigo estranxeiro.
A que deuses se
dedicou ese templo, con que nome coñecemos a batalla perdida polos romanos e de
que inimigo se trataba?
433 anos despois da batalla
mencionada na segunda pregunta, o 8 de xuño, tivo lugar outra. Nela as tropas
dun Emperador foron vencidas polas que apoiaban a un candidato ó trono que, por
conseguinte, o sustituíu no poder. Ós poucos días, o gobernante derrotado foi
capturado e executado. De que dous
Emperadores falamos e con que nome se coñece a batalla que libraron?
No hay comentarios:
Publicar un comentario