No blog imperioromano.com pódese atopar información interesante sobre varios aspectos da civilización romana antiga.
Por iso recomendamos a súa visita, e tamén o engadimos á lista de enlaces da esquerda do noso blog.
Avete, navigatores. Hoc est blog materiae linguae Latinae Muradani Lycei "Fontexería". Hic multa de linguae Latinae alumnis eorumque magistro Adefonso, etiam de eorum labore invenies: nuntios imaginesque, tuis laboribus auxilia, facta et dicta memorabilia historiae vitaeque Romanae, et cetera. Speramus ut utile gratumque vobis sit.
lunes, 6 de abril de 2015
ROMANAE QVAESTIONES VII (MMXIV-MMXV)
A piques de comezar o derradeiro treito do curso, ofrecemos este mes de abril unha nova ocasión de aumentar nun 0,33 a nota final do trimestre (ata 1 punto no global do mesmo). Para iso, como cada mes, haberá que atopar as respostas ás seguintes quaestiones sobre a civilización romana:
I. O 8 de abril de hai 2.067
anos celebrouse en Roma o proceso contra un político acusado de provacar serios
disturbios na cidade, sobre todo en época de eleccións. Foi defendido polo máis
famoso orador romano, cun discurso que hoxe conservamos nunha versión
reelaborada polo propio autor. Como se
chamaban o político, o seu defensor, e con que título coñecemos o devandito
discurso?
II. O mesmo día, 198 anos despois, nacía
en certa cidade do norte de África un rapaz que chegaría a ser Emperador, e que
mesmo ía fundar unha nova dinastía, poñendo fin a unha época na que o cargo de
máximo gobernante do Imperio era un seguro de morte temperá. O eixo da súa
política foi o reforzamento do poder militar, cunha xefatura forte en mans do
Emperador. De quen estamos a falar e en
que cidade naceu?
III. Precisamente o mesmo día, 71 anos
despois, morría asasinado por un dos centurións da súa garda persoal un
Emperador da dinastía fundada polo protagonista da anterior quaestio. A que Emperador nos referimos?
lunes, 23 de marzo de 2015
Nuntiationes ad Quartum Cursum
Como vos prometín, aquí tedes as notas do exame que fixemos esta mañá. Os vosos nomes figuran só coas iniciais para protexer a vosa privacidade.
Para as notas finais do trimestre, falamos mañá. Iso si: un AVISO
URXENTE para U. M. T.: se non fas os cuestionarios que che faltan (e
tes ata esta noite para facelos), suspendes o trimestre.
sábado, 21 de marzo de 2015
PowToon sobre a Oratoria romana
Aquí deixo unha pequena animación que pode servir como guía para fixar na memoria (si, na memoria, que segue a ser necesaria) algúns conceptos básicos sobre o xénero literario da Oratoria en Roma e a figura de Marco Tulio Cicerón.
lunes, 2 de marzo de 2015
ROMANAE QVAESTIONES (MMXIV-MMXV)-VI
O pasado mes de febreiro só Nerea, Gemma e Sabela, todas de 2º BAC, aproveitaron a oportunidade mensual de sumar 0,33 puntos á nota final do trimestre. Para elas, e para todos os demais alumnos de Latín do IES Fontexería, aquí están as preguntas do mes de marzo:
I. O 7 de marzo, hai 1.854 anos,
morría, víctima dunha indixestión de queixo, un dos Emperadores que mellor
lembranza deixou entre os romanos, ata o punto de dicirse que foi case o único
en gobernar sen mandar asasinar a ningún dos seus concidadáns. Tras a súa
apoteose (decreto do Senado polo que un Emperador era divinizado), compartíu un
templo no Foro Romano coa súa esposa. De
que Emperador se trata e como se chamaba a súa esposa?
I. 302 anos antes, o 10 de marzo, un
cónsul romano vencía nunha batalla coa que se poñía punto final á primeira de
tres guerras que Roma mantería cun inimigo temible, e que, na segunda delas, a
piques estivo de derrotala. A que serie
de guerras nos referimos, como se chamaba o cónsul, e con que nome coñecemos a
esa batalla?
III. Finalmente, 61 anos despois da morte
do Emperador mencionado na primeira quaestio,
era asasinado por soldados do exército outro emperador. Accedera ó trono a unha
idade bastante cativa, mais moi cedo os seus excesos fixérono moi odiado; de
feito, o seu cadáver foi guindado ó río Tíber. Como se chamaba este Emperador e a que idade se converteu en tal?
lunes, 2 de febrero de 2015
Odisea 2015 (III)
Rematou xa o concurso para os grupos do noso Centro, e estivemos a piques de conseguir acudir ó desempate.
Tres dos nosos catro grupos obtiveron 75 puntos de 77 posibles, xa que o xurado non deu por válida unha das respostas do "preguntón" do xoves. Fíxose unha reclamación, que non foi estimada pola organización do concurso; non compartimos o criterio que se empregou, pero non nos queda máis que acatar a decisión. Por certo, que agradecemos ós organizadores, un ano máis, a posta en marcha desta iniciativa, que serve para que as nosas materias, tan maltratadas no currículo educativo, se fagan visibles nas comunidades educativas.
Así que desde aquí este profesor non ten máis que expresar a súa gratitude ós alumnos participantes polo seu esforzo, e agardar con ilusión ó vindeiro ano.
domingo, 1 de febrero de 2015
ROMANAE QVAESTIONES V (MMXIV-MMXV)
Pasou outro mes, e xa está aquí febreiro, cunha nova oportunidade para sumar ata 0,33 puntos á nota final do trimestre.
Sen máis dilación, estas son as quaestiones deste mes:
Hai 2.027 anos, o 12 de
febreiro, morría en Roma un importante persoeiro da política romana. Fora o
principal amigo e colaborador do primeiro Emperador, sobre todo en asuntos
militares, ata o punto de que chegou a ser considerado como sucesor; para iso,
ademais, casara coa filla do seu amigo. De que dous persoeiros estamos a falar?
53 anos despois da morte referida na quaestio
anterior, tamén o 12 deste mes, nacía un rapaz que, por ser fillos de
Emperador, estaba destinado a selo el tamén, se non fose porque a súa madrastra
-por certo, sospeitosa de asasinar ó Emperador mediante unha cea a base de
cogumelos-, influíu para que o fillo dela ocupase o seu lugar. Queremos o nome do Emperador, a súa esposa,
o sucesor previsto e o sucesor real.
O 13 de febreiro, 516 anos antes do nacemento ó que aludiamos na
pregunta anterior, producíase un feito que parece máis lenda que real: unha
familia romana ofreceuse para encargarse ela soa da guerra que Roma mantiña
contra a cidade que daquela era a capital de Etruria. Segundo parece, os 306
membros desa familia (todos menos un, que quedara en Roma debido á súa curta
idade), morreron nunha emboscada. A que
familia nos referimos e como se chamaba a cidade rival de Roma nesta guerra?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

