lunes, 12 de abril de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / VII)






Un mes máis, aquí tedes tres cuestións para que pasedes o tempo, aprendades a buscar información correcta e veraz en internet e -de seguro o que máis vos interesa-, sumar unhas decimiñas á vosa nota final de trimestre (ata un máximo de 1 punto, xa sabedes):






I. Hai 1.822 anos nacía en Ludgunum (actual Lyon, en Francia), un personaxe de certa sona na historia de Roma: matou ó seu irmán, mandou construír un enorme edificio relacionado co exercicio físico e a hixiene, e ós 24 anos promulgará unha lei que outorgará a mesma condición a todos os habitantes do Imperio: quen era este personaxe, que edificio erixíu, e que ordenaba a lei mencionada?






II. O día 11 de cada mes de abril remataban unhas festas relixiosas en Roma, que eran das máis apreciadas polos seus habitantes, porque nelas a comida e os espectáculos públicos tiñan un papel importante. Duraban 7 días, e o acto final consistía nunha procesión de moitas divinidades arredor do Circo Máximo. Pedímosvos que averigüedes na honra de qué deusa se celebraban estas festas, e en qué forma participaban os deuses.






III. O derradeiro día deste mes de hai 1.945 anos morría, cando contaba só 25, un poeta latino. Suicidouse como alternativa á condena a morte que sufríu por ter participado nunha conspiración contra o Emperador que gobernaba Roma na súa época. Quen era este poeta, cal é a súa obra máis destacada, e como se suicidou?






ROMANA HISTORIA PRODEST ET DELECTAT