jueves, 2 de diciembre de 2010

Praemium: Mención Especial nos VIII Premios Educacompostela

Teño o indisimulado pracer de comunicar que o pasado día 29 de novembro, nun acto celebrado no Salón do Concello de Santiago de Compostela, recibimos a Mención Especial que o xurado dos VIII Premios Educacompostela decidíu conceder ó traballo Ad Latinitatem. Como saben os meus alumnos, ese é o título do libro de texto de elaboración propia que empregamos en 4º da ESO.

O xurado valorou ese libro, así como o demais material que o acompañaba (sobre todo as presentacións dixitais e o vídeo gravado a finais do curso pasado coa canción que empregamos para aprender os casos e as declinacións latinas (Carmen Declinativum), e decidíu conceder a Mención por pola súa orixinalidade, creatividade e innovación á hora de tratar o latín co alumnado de 4º da ESO. Cobre un baleiro de materiais que non existía para estas idades e propón unha metodoloxía alternativa para a ensinanza do latín diferente do libro de texto, ademais de integrar as áreas musicais coa ensinanza desta materia.

Agradezo desde este blog a distinción e quero compartila cos meus alumnos, tanto do curso pasado como dos anteriores, pois quero pensar que Ad Latinitatem é o froito do traballo que desenvolvemos nas aulas do IES Fontexería: a educación é sempre unha viaxe de ida e volta.

GRATIAS MAXIMAS VOBIS AGO

A seguir, uns enlaces onde se pode atopar máis información e algunhas fotos do acto:

Crónica na páxina do Concello de Santiago
Crónica en La Voz de Galicia, edición de Santiago
Crónica en El Correo Gallego

Fotos:




ROMANAE QVAESTIONES (MMX-MMXI)-III

Ven de rematar o mes de novembro, e de novo hai que felicitar ós alumnos que conseguiron sumar 0,33 centésimas á súa nota final de trimestre. Lembrade: ata 1 punto máis por ser fieis a esta actividade durante 3 meses. Neste caso, as rapazas que decidiron esforzarse por unha boa causa (a súa propia) foron María José (4º ESO), Mariña (1º BAC), Alba (1º BAC), Paula (1º BAC), Maruxa (1º BAC), María (1º BAC) e Isa (1º BAC).

Noraboa a todas, e ánimo a elas e a todos os demais para seguir. Estas son as preguntas do mes de decembro:



I. Unha das cuestións do mes pasado referíase ó poeta Lucano. Nesta oportunidade referímonos a outro poeta, compañeiro de estudios do anterior, nacido un 4 de decembro de hai 1.976 anos. Especializouse no xénero da sátira e tivo, como o seu amigo, unha vida bastante curta: morreu ós 28 anos, víctima dunha enfermidade estomacal. De quen estamos a falar? Demandamos o nome completo (como todos os nomes romanos, tiña tres partes).





II. Todos os días 15 de decembro celebrábase en Roma a, por así dicilo, segunda parte dunhas festas dedicadas a un deus tradicional romano vinculado ós labores agrícolas (a primeira parte tiña lugar cada 21 de agosto). Nesta festividade corríanse carreiras de carros tirados por mulos, e deixábase descansar ós animais que se usaban para traballar os campos. Como se chamaban estas festas e en honra de que deus eran?





III. Hai 1.941 anos, o 21 de decembro, un emperador romano foi capturado, arrastrado e golpeado polas rúas da cidade. Como remate deste suplicio, foi asasinado por unha multitude, para logo ser botado ó Tíber. Pouco lle durara o poder, pois tivo este final o mesmo ano que fora proclamado emperador. Pedimos averiguar quen era e quen foron os emperadores inmediatamente anterior e posterior a el.




PRVDENTIA, SAPIENTIA, SCIENTIA

lunes, 1 de noviembre de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMX-MMXI)-II

October mensis finitus!

Ou sexa, que xa rematou o mes de outubro, comeza o de novembro, e con el unha nova oportunidade para sumar unhas décimas á vosa nota final de trimestre. Quen xa o conseguiron foron María (4º ESO), xunto con Mariña, Maruxa e Isa (1º BAC). A ver se alguén máis se anima coas deste mes. Aí van.

I. Hai 1.971 anos nacía en Hispania un poeta, sobriño dun persoeiro importante -tamén escritor- da corte do Emperador Nerón. Escribíu un poema épico sobre a guerra civil entre César e Pompeio, e máis tarde, cando só contaba 26 anos, foi obrigado a suicidarse por ter presuntamente participado nunha conspiración contra o Emperador. Quen era o poeta, de quen era sobriño, e como se titula o poema?



II. Cada 4 de novembro, e ata o 17, Roma estaba de festa, pois celebrábanse uns ludi na honra de determinada divinidade. Quen era o deus ou deusa, e como se chamaban, en latín estas festividades?


III. Precisamente un día desas festas, o 13 de novembro, organizábase un banquete popular na honra da divinidade a que se dedicaban os xogos. Para a ocasión dispoñíanse moitas mesas, nas que se reservaban lugares para as imaxes do deus ou deusa homenaxeados, xunto con outras dúas divinidades olímpicas. Como se chamaba o colectivo que organizaba a comida, e que dúas divinidades acompañaban á principal?

ITER LATINITATIS AMBVLATE!

miércoles, 13 de octubre de 2010

LIBRI COMMENDATI


Avete, internautae

Nesta presentación tedes as lecturas que recomenda o Departamento para achegarse á antiga Roma. Tede en conta que están feitas con moito agarimo: se o dubidades, seguide algunha deas e veredes como non quedades defraudados. Por certo, tamén está dispoñible esta presentación no blog da nosa Biblioteca (e quedará permanentemente na sección Vincula deste blog noso: á esquerda da páxina).


LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE

sábado, 9 de octubre de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMX-MMXI)-I

Avete, dilecti internautae!

Co comezo do curso retomamos a fantástica oferta que realizamos neste blog cada mes do curso escolar. Cambiamos ata 1 punto na nota final do trimestre pola vosa habilidade para buscar, neste mesmo ciberespacio, as repostas ás preguntas (3 cada mes) sobre efemérides de acontecementos que tiñan lugar na Antiga Roma. Velaí van as do mes de outubro:



I. Todas as kalendae deste mes (ou sexa, o que sería para nós o día 1), os romanos honraban a unha deusa á que conviña ter contenta se non querías que che traizoase. Os flamines (sacerdotes) de Xúpiter, Marte e Quirino (Rómulo no seu nome divino), ían en carro descuberto ó templo desta deusa, onde lle ofrecían un sacrificio, durante o cal mantiñan envolta a súa man dereita nun pano branco. De que deusa estamos a falar?




II. Tamén un primeiro de outubro, neste caso de hai 1.802 anos, nacía en Roma unha persoa que chegaría a ser emperador moi noviño, antes dos 15 anos de idade. Herdou o cargo do seu curmán, que o adoptara como fillo. Quen eran os dous emperadores (o adoptador e o adoptado) e a qué idade exacta chegou o segundo ó tono imperial?






III. O día 20 deste mes cumpriranse 2.212 anos dunha victoria militar que trouxo moito alivio a Roma, xa que levaba case 20 anos loitando contra o que, ata a caída do Imperio, resultou ser o seu pior inimigo. Durante esa longa guerra, Roma estivo a punto de ser derrotada, co que a historia tal como a coñecemos tería sido diferente. Ese triunfo tivo lugar no continente africano, nunha batalla na que se enfrontaron dous xenios militares, cuxas tácticas aínda se estudian hoxe en día. Queremos saber o nome con que se coñece a batalla, cal era a potencia inimiga de Roma, e tamén o nome dos dous líderes militares de cada bando (o romano e o outro).


QVAERITE ET INVENiETIS

sábado, 25 de septiembre de 2010

POST AESTATEM, IN SCHOLAM REGREDIMVR

Efectivamente, despois do verán, voltamos ó traballo (xa sabiamos que ía ser así, por outra banda).

En primeiro lugar, gustaríame dar a benvida ós novos alumnos de Latín, tanto en 4º da ESO como en 1º de Bacharelato. Espero que o pasemos o mellor posible durante o curso, aprendendo algunhas cousas sobre a lingua e a cultura de Roma. Iso si: xa sabemos que algo teremos que traballar. O noso obxectivo é, como dicían os bos mestres romanos, PRODESSE ET DELECTARE (algo así como "aprender disfrutando" ou "disfrutar da aprendizaxe").

Por suposto, os mesmos desexos van para os que siguen sendo alumnos meus, tanto os que repiten curso (por sorte, os menos, e ós que lles desexo moita sorte) como os que conseguiron promocionar.

En todo caso, douvos as gracias a todos por elexir esta materia dentro da oferta de optativas do sistema. GRATIAS MAXIMAS VOBIS AGO!

Para comezar o curso sen perder de vista o obxecto da nosa asignatura, aquí vos deixo un enlace cunha reconstrucción virtual de parte da Roma antiga, tal e como debeu ser no ano 320 a.C., aproximadamente. Está elaborado polos responsables da iniciativa Rome Reborn.

Paseo virtual pola Roma do s. IV d. C.


lunes, 14 de junio de 2010

Attendite, alumni Quarti Cursus!


Avete, cari pueri puellaeque!


Na seguinte táboa tedes unha serie de datos que vos interesan. Debedes interpretalos deste xeito:

- Na columna central tedes dúas notas: á dereita está a do exame desta mañá, e á esquerda, separada por unha barra, a nota deste derradeiro trimestre.

- Na columna da dereita está, en letra negriña, a nota final de xuño (a día de hoxe). Entre parénteses tedes as notas dos trimestres anteriores, incluíndo este terceiro.

O xoves, na clase, dareivos as aclaracións que demandedes.


ALUMNO

NOTA EXAME/

NOTA 3º TRIMESTRE

NOTA XUÑO (NOTAS TRIMESTRES)

B. C. M.

5,6/5,235

6 (5-6-5)

A. F. F.

4,6/5,21

5 (5-5-5)

G. F. L.

8,4/7,815

9 (9-8-8)

A. F. N.

5,4/4,94

6 (6-6-5)

A. F. G.

6/5,05

6 (7-6-5)

T. G. L.

4,4/4,64

5 (5-5-5)

C. P. F.

1,9/2,54

(rec.)

S. R. S.

4,4/4,54

5 (5-5-5)

P. G. S.

8,3/8,085

8 (7-8-8)

M. H. C.

5/5,575

7 (7-6-6)

A. M. F.

5,1/5,235

6 (5-6-5)

M. P. C.

7,5/7,135

7 (6-7-7)

C. R. R.

3,4/4,59

6 (7-5-5)

I. V. R.

7,9/7,12

7 (7-7-7)

L. A. R.

0(NP)/1,025

(rec.)

J. G. F.

4,7/4,97

6 (*-6-5)


jueves, 10 de junio de 2010

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Avete, dilecti alumni!

Na seguinte táboa tedes as notas do exame de hoxe á mañá, a nota ponderada do terceiro trimestre e, na derradeira columna, as notas finais de xuño tal e como quedarían a día de hoxe.

Se vos sorprenden algunhas notas finais por diferiren bastante da nota do trimestre (por exemplo, hai quen sube dun 5,701 a un 7), pensade que para as calificacións de xuño se teñen en conta tamén as notas dos dous primeiros trimestres. En todo caso, mañá dareivos as explicacións pertinentes.

Por outra banda, lémbrovos que podedes acudir ó exame de recuperación do vindeiro xoves 17 (en principio pensado para aqueles que teñen que recuperar parte da materia), a subir nota.

ALUMNO

EX. PRÁCTICO

3º TRIMESTRE

XUÑO

C. A. M.

5,25

A. C. L.

7,5

6,655

7

T. C. P.

7

5,914

7

A. Del R. F.

8,5

6,824

7

S. F. F.

5,5

5,84

7

T. F. C.

9

8,232

9

M. F. F.

6,25

5,517

6

T. L. E.

5,5

5,124

5

R. M. De O.

5,75

5,537

6

I. M. J.

7

5,061

5

S. M. R.

4

4,168

A. P. P.

6

6,193

6

G. R. F.

0 (NP)

1,1

N. R. M.

5,75

5,701

7

F. R. P.

6,5

6,073

6

A. R. L.

7,25

6,141

7

C. S. G.

9,75

9,513

10

A. S. M.

5,5

6,006

7

P. T. R.

5

5,008

5

P. V. P.

5,95

4,516

5



miércoles, 2 de junio de 2010

Attendite, alumni Secundi Cursus Baccalaureatus!


Dilectos alumnos qui cursum superaverunt gratulor!

E, como algúns de vós acudiredes ás PAAU, velaquí un enlace onde poderedes ver os exames de Latín de cursos anteriores, e así practicar un chisco antes das probas:

Progressus ad Vniversitatem

O enlace queda permantemente na sección Vincula deste blog

IVSTITIA FORTVNAQVE


martes, 1 de junio de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX)-IX

Esta é a derradeira oportunidade que teredes este curso para gañar unhas decimiñas extra. Decimiñas que, por certo, o mes pasado xa obtiveron Paula García, Elena Fernández e Iván Manivesa, todos eles de 4º ESO.

Ben, pois aquí están as Romanae Quaestiones do mes de xuño:



I. Hai 2.355 anos, o primeiro deste mes, inaugurábase en Roma, no cumio do Capitolio un templo dedicado a unha deusa que, segundo os romanos crían, axudáraos a librarse da invasión de certo pobo. O tal pobo foi o último que conseguíu entrar en Roma en 800 anos, ata que en 410 Alarico a saqueou. De qué pobo estamos a falar, en qué ano se producíu a súa entrada en Roma, e a que deusa se dedicou o templo do que falabamos ó principio.


II. E, mirade por donde, 45 anos despois de Alarico, o día 2 deste mes, saqueaba Roma tamén o rei doutro pobo. A verdade é que o s. V non foi bo para Roma. Que pobo e que rei?



III. Cada 11 de xuño as matronae univirae romanas ían ó templo dunha deusa a realizar unha serie de estranos rituais, como por exemplo, facer entrar no templo a unha escrava e, acto seguido, botala a golpes. Delirant isti Romani!, que diría Obélix... Que era unha matrona univira e a qué deusa estaba dedicada esta celebración?






CITO VENIET NOBIS FINIS LABORIS

Attendite, alumni Primi Cursus Baccalaureatus!

Avete, dilecti alumni!

Velaquí as notas do exame que algúns de vós realizastes hoxe á mañá. Lembrade que teñen un valor dun 30% respecto das calificacións que se obteñen a través dos exames... e que éstas, á súa vez, supoñen un 60% da nota global de cada trimestre.




Como podedes ver, algúns de vós precisan facer un bo exame de traducción. Veña: un pouco de esforzo, que estamos a rematar.

miércoles, 19 de mayo de 2010

Attendite, alumni Secundi Cursus Baccalaureatus!



O curso académico xa remata, polo menos para vós, e aquí vos deixo as notas que obtivestes. Na primeira columna aparecen as iniciais do voso nome e apelidos; na segunda e terceira, as calificacións dos dous exames que fixemos este trimestre. Finalmente, na columna da dereita de todo podedes ver a vosa nota final, coas dos trimestres anteriores entre parénteses.




Só me queda engadir que foi un auténtico pracer coñecervos, como alumnos e como persoas, e que vos botarei de menos, por suposto. Mais perdede coidado, xa vos preguntarei qué tal vos vai na vida cando nos topemos, porque a partir de agora (e xa sabedes bastante latín para entendelo),

IN THERMOPOLIIS VOS VIDEBO

lunes, 10 de mayo de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / VIII)


Perdón polo retraso, pero ás veces vita laborem impedit, que podería decir un proverbio latino.

Antes de ofrecervos a mensual posibilidade de incrementar a vosa nota de trimestre, debemos felicitar a Elena Fernández, que foi a única que respostou correctamente ás preguntas do mes anterior. Unha vez máis lembramos: é unha forma non demasiado difícil (e ben rápida) de mellorar a vosa nota final. E quizais nesta fase do curso vos fará boa falta.

Sen máis rollos, aí van as Romanae Quaestiones deste mes de maio:






1. O día 4 deste mes, hai 2.021 anos, un gobernante romano de maxestuoso alcume inauguraba un teatro de pedra que comezara a construír o seu tío avó. Este teatro, que aínda se conserva en parte hoxendía, levou o nome do seu sobriño e xenro, en quen tiña depositadas as súas maiores esperanzas como herdeiro. Por desgracia para el (e para o seu xenro), o rapaz morrera, moi novo, algúns anos atrás. Como se chamaban os tres personaxes citados (tío avó-sobriño neto-sobriño xenro... ha, ha, ha)?






2. O 23 de maio de cada ano os romanos honraban ós seus difuntos depositando nas súas tumbas certas flores. Cales eran e con que nome se coñecía esta celebración?









3. O día 22 deste mes, 348 anos despois da inauguración do teatro citado na primeira pregunta, morría un emperador romano. E isto aconteceu nunha cidade oriental que leva o seu nome; e a este personaxe os cristiáns estivéronlle moi agradecidos, por gracias a el a súa situación cambiou radicalmente, e para mellor. Como se chamaba o emperador (e a cidade), e que favor lle fixo ós cristiáns?



PRODEST MIHI QVOD DISCO

lunes, 12 de abril de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMIX-MMX / VII)






Un mes máis, aquí tedes tres cuestións para que pasedes o tempo, aprendades a buscar información correcta e veraz en internet e -de seguro o que máis vos interesa-, sumar unhas decimiñas á vosa nota final de trimestre (ata un máximo de 1 punto, xa sabedes):






I. Hai 1.822 anos nacía en Ludgunum (actual Lyon, en Francia), un personaxe de certa sona na historia de Roma: matou ó seu irmán, mandou construír un enorme edificio relacionado co exercicio físico e a hixiene, e ós 24 anos promulgará unha lei que outorgará a mesma condición a todos os habitantes do Imperio: quen era este personaxe, que edificio erixíu, e que ordenaba a lei mencionada?






II. O día 11 de cada mes de abril remataban unhas festas relixiosas en Roma, que eran das máis apreciadas polos seus habitantes, porque nelas a comida e os espectáculos públicos tiñan un papel importante. Duraban 7 días, e o acto final consistía nunha procesión de moitas divinidades arredor do Circo Máximo. Pedímosvos que averigüedes na honra de qué deusa se celebraban estas festas, e en qué forma participaban os deuses.






III. O derradeiro día deste mes de hai 1.945 anos morría, cando contaba só 25, un poeta latino. Suicidouse como alternativa á condena a morte que sufríu por ter participado nunha conspiración contra o Emperador que gobernaba Roma na súa época. Quen era este poeta, cal é a súa obra máis destacada, e como se suicidou?






ROMANA HISTORIA PRODEST ET DELECTAT