domingo, 10 de febrero de 2019

Prezi: Técnicas de tradución de textos latinos para 2º BAC

Acabo de elaborar, na plataforma Prezi, unha presentación na que se explican técnicas de tradución de textos latinos aplicadas a Eutropio, o autor en prosa de referencia para as ABAU en Galicia.

A intención é que os consellos que se dan nesta presentación sirvan para afinar as habilidades de tradución do alumnado de 2º BAC. De feito, nela aparecen, condensadas, as nocións que intento transmitir nas miñas clases todos os días.

Espero que lle sexa útil a alguén.


viernes, 1 de febrero de 2019

Concurso Odisea 2019



Un ano máis a Sociedad Española de Estudios Clásicos, en diferentes seccións do Estado, organiza o concurso Odisea, para alumnado de ensino secundario, coa sa intención de divulgar o coñecemento das nosas materias.

E, como tamén é tradición no noso Centro, inscribíronse nel varios grupos, que son os seguintes:

OPTIMAE: ANA, AMADORA & AíDA
 
MACEDONIA: ALBA, PALOMA & ADRIANA
 
PURÉ DE SENORIA: SABELA, CARLA & ÁNGEL

LXS HARRYS: GALA, ALEJANDRO E LUCÍA
LAREIRA: ANA & LARA

COKESITOTEAM: BRAIS, SERGIO & ÁLVARO

HECTOOOOOOOR: FÉLIX & SARAY
 
POWER QUEENS: SABINA & MÓNICA
 
XA NADA: DESIRÉE & LARA
 
ALELU: ALEXANDRA & LUCÍA

O concurso comeza o luns 4 de febreiro, e accédese a el nesta web:




MINERVA VOBIS ADSIT!

ROMANAE QVAESTIONES V (MMXVIII-MMXIX)

O curso segue, e as ocasións de incrementar a nota final do trimestre dos alumnos de Latín do IES Fontexería tamén.

Ata 0,33 puntos pode conseguir quen responda atinadamente ás Romanae Quaestiones deste mes de febreiro:




I. Cada 1 de febreiro celebrábase en Roma unha festa relixiosa na honra de certo deus vencellado ó Inframundo: nun bosque sagrado (lucus) que estaba consagrado a esta divinidade na desembocadura do Tíber sacrificábase un touro de pelo escuro. A que deus nos referimos?

II. O 4 de febreiro, hai 1.808 anos, morría na cidade britana que daquela era chamada Eburacum un Emperador romano que puxera fin a uns anos moi convulsos nos que se sucederon un gran número de gobernantes de moi pouca duración. Disque no seu leito de morte aconsellou ós seus dos fillos, nomeados como sucesores, que só se coidasen de manter contentos ós soldados. Como se chamaba este Emperador e os seus dous fillos?

III. 159 anos antes, o 5 de febreiro, un forte terremoto devastaba certa cidade do sur de Italia. Nos anos posteriores os seus habitantes esforzáronse por reconstruíla, mais eses labores resultaron inútiles, xa que pouco despois a poboación foi totalmente destruída. Como se chamaba a cidade, cal foi a causa da catástrofe definitiva e en que ano se producíu?