lunes, 1 de noviembre de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMX-MMXI)-II

October mensis finitus!

Ou sexa, que xa rematou o mes de outubro, comeza o de novembro, e con el unha nova oportunidade para sumar unhas décimas á vosa nota final de trimestre. Quen xa o conseguiron foron María (4º ESO), xunto con Mariña, Maruxa e Isa (1º BAC). A ver se alguén máis se anima coas deste mes. Aí van.

I. Hai 1.971 anos nacía en Hispania un poeta, sobriño dun persoeiro importante -tamén escritor- da corte do Emperador Nerón. Escribíu un poema épico sobre a guerra civil entre César e Pompeio, e máis tarde, cando só contaba 26 anos, foi obrigado a suicidarse por ter presuntamente participado nunha conspiración contra o Emperador. Quen era o poeta, de quen era sobriño, e como se titula o poema?



II. Cada 4 de novembro, e ata o 17, Roma estaba de festa, pois celebrábanse uns ludi na honra de determinada divinidade. Quen era o deus ou deusa, e como se chamaban, en latín estas festividades?


III. Precisamente un día desas festas, o 13 de novembro, organizábase un banquete popular na honra da divinidade a que se dedicaban os xogos. Para a ocasión dispoñíanse moitas mesas, nas que se reservaban lugares para as imaxes do deus ou deusa homenaxeados, xunto con outras dúas divinidades olímpicas. Como se chamaba o colectivo que organizaba a comida, e que dúas divinidades acompañaban á principal?

ITER LATINITATIS AMBVLATE!