Aquí deixo o resultado dun pequeno proxecto que levamos a cabo nas clases de Latín de 4º ESO, ó tratarmos sobre a Historia de Roma.
Avete, navigatores. Hoc est blog materiae linguae Latinae Muradani Lycei "Fontexería". Hic multa de linguae Latinae alumnis eorumque magistro Adefonso, etiam de eorum labore invenies: nuntios imaginesque, tuis laboribus auxilia, facta et dicta memorabilia historiae vitaeque Romanae, et cetera. Speramus ut utile gratumque vobis sit.
viernes, 6 de marzo de 2020
domingo, 1 de marzo de 2020
ROMANAE QVAESTIONES VI (MMXIX-MMXX)
Co mes de marzo remata o segundo trimestre, tan importante no devir do curso. Por iso non é mala idea intentar sumar, como mínimo, algunhas décimas á cualificación final. Non é moi difícil: hai que atopar a resposta ás seguintes quaestiones:
I. O 20 de marzo, hai 2.064
anos, morría en Roma un poeta vítima dunha confusión: o mesmo día estábanse a
celebrar os funerais dun gran persoeiro, que fora asasinado; o infortunado
poeta tivo a desgracia de chamarse case igual ca un dos asasinos. Queremos saber o nome do poeta e do
persoeiro asasinado.
II. 412 anos despois do
triste acontecemento descrito na quaestio
anterior, o 22 de marzo, morría un Emperador logo de 15 anos de goberno nos que
dera proba da súa capacidade militar e política. Foi asasinado mediante un
complot preparado por oficiais da súa confianza. De que Emperador estamos a falar?
III. Finalmente, 12 anos
despois do acontecemento relatado na primeira quaestio, morría, a causa dunha
enfermidade incurable, certo persoeiro romano: amigo íntimo do máis grande
orador romano, e tamén do futuro primeiro Emperador romano, ademais de
banqueiro e editor de libros de moitos autores. A pesar de vivir nunha época
moi convulsa da Historia de Roma, xamais tomou partido por ningún dos bandos
nas varias guerras civís que viu ó longo da súa vida. De quen falamos e que crenza filosófica profesaba?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)