miércoles, 13 de octubre de 2010

LIBRI COMMENDATI


Avete, internautae

Nesta presentación tedes as lecturas que recomenda o Departamento para achegarse á antiga Roma. Tede en conta que están feitas con moito agarimo: se o dubidades, seguide algunha deas e veredes como non quedades defraudados. Por certo, tamén está dispoñible esta presentación no blog da nosa Biblioteca (e quedará permanentemente na sección Vincula deste blog noso: á esquerda da páxina).


LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE LEGERE

sábado, 9 de octubre de 2010

ROMANAE QVAESTIONES (MMX-MMXI)-I

Avete, dilecti internautae!

Co comezo do curso retomamos a fantástica oferta que realizamos neste blog cada mes do curso escolar. Cambiamos ata 1 punto na nota final do trimestre pola vosa habilidade para buscar, neste mesmo ciberespacio, as repostas ás preguntas (3 cada mes) sobre efemérides de acontecementos que tiñan lugar na Antiga Roma. Velaí van as do mes de outubro:



I. Todas as kalendae deste mes (ou sexa, o que sería para nós o día 1), os romanos honraban a unha deusa á que conviña ter contenta se non querías que che traizoase. Os flamines (sacerdotes) de Xúpiter, Marte e Quirino (Rómulo no seu nome divino), ían en carro descuberto ó templo desta deusa, onde lle ofrecían un sacrificio, durante o cal mantiñan envolta a súa man dereita nun pano branco. De que deusa estamos a falar?




II. Tamén un primeiro de outubro, neste caso de hai 1.802 anos, nacía en Roma unha persoa que chegaría a ser emperador moi noviño, antes dos 15 anos de idade. Herdou o cargo do seu curmán, que o adoptara como fillo. Quen eran os dous emperadores (o adoptador e o adoptado) e a qué idade exacta chegou o segundo ó tono imperial?






III. O día 20 deste mes cumpriranse 2.212 anos dunha victoria militar que trouxo moito alivio a Roma, xa que levaba case 20 anos loitando contra o que, ata a caída do Imperio, resultou ser o seu pior inimigo. Durante esa longa guerra, Roma estivo a punto de ser derrotada, co que a historia tal como a coñecemos tería sido diferente. Ese triunfo tivo lugar no continente africano, nunha batalla na que se enfrontaron dous xenios militares, cuxas tácticas aínda se estudian hoxe en día. Queremos saber o nome con que se coñece a batalla, cal era a potencia inimiga de Roma, e tamén o nome dos dous líderes militares de cada bando (o romano e o outro).


QVAERITE ET INVENiETIS